Concello de Vigo

O Concello recibe o aval xudicial á súa actuación en Finca do Conde e nas naves de Comercio

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe xoves dos asuntos abordados pola Xerencia de Urbanismo, onde se deu conta de dúas sentencias xudiciais que desestiman sendos recursos de ING sobre as licenzas de Finca do Conde e do Porto de Vigo sobre a paralización das obras nas naves de Comercio.

 

O alcalde oferta a cooperación do Concello para a posta en marcha da Autopista do Mar de Vigo

Despois do acordo anunciado por Rajoy tras unha reunión co seu homólogo francés, Abel Caballero inficou que esta infraestrutura é “importantísima” para a “competitividade” do tecido industrial vigués, particularmente da automoción, polo que ofertou “todo o que necesiten” para o seu inicio efectivo.

 

O goberno local valida o convenio que permitirá a apertura da aula da UNED en Vigo

O alcalde anunciou hoxe xoves a aprobación pola Xunta de Goberno Local do acordo acadado coa Universidade Nacional de Educación A Distancia para a apertura dun aula na cidade, sede que está sufragada na súa totalidade polo Concello. Caballero agarda que a apertura, que depende agora da UNED, sexa “o antes posible”.

 

Caballero visita o inicio do curso de educación viaria da Policía Local nos centros escolares

O alcalde acudiu hoxe xoves ao Colexio Losada, un dos primeiros centros nos que a Policía Local imparte educación viaria no novo curso. Os axentes realizan unha laboura de formación, información e prevención ao alumnado de distintas idades de numerosos colexios vigueses.

 


Espazo EMAO: exposición “Conexión inexplicable”

Espazo EMAO a Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo inaugura o día 11 “Conexión inexplicable”, proxecto común entre a fotógrafa finlandesa Maria Kärkkäinen e a artista española Antía Sánchez.

 


A Fundacion Laxiero presenta “Niebla” de Din Matamoro


O xoves, 11 de outubro, a Fundación Laxeiro inaugura a exposición titulada Niebla do artista Din Matamoro (Vigo, 1958), dentro do ciclo Entre mares que posibilita un intercambio anual de propostas mediterráneas e atlánticas entre Collblanc, Espai d’art de Castelló e a Fundación Laxeiro de Vigo.

 


Este sábado reinícianse no MARCO os obradoiros infantís de fin de semana

A partir de mediados de outubro, o departamento educativo do MARCO reinicia a súa programación habitual para escolares, así como as actividades para público familiar de fin de semana, que nesta nova tempada contan coa especial colaboración de DKV Seguros Médicos, empresa que, a través do seu programa ‘Arteria’, impulsa a innovación e a creatividade a través da arte. Grazas a este patrocinio, os talleres infantís de fin de semana no MARCO volverán ser gratuítos para público infantil e adultos acompañantes.

 

Xunta de Goberno Local

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: