Manifesto en apoio a Federación de ANPAS de Vigo. (FOANPAS

Dende a Federación de Asociacións Veciñais de Vigo “Eduardo Chao”,  queremos manifestar o noso apoio á Federación de ANPAS de Vigo, e en especial, ó portavoz Bertilla Fernández, logo das desafortunadas acusacións vertidas pola Delegada da Xunta de Galicia, cara á institución e cara ó portavoz.

Doutra banda, a FAVEC manifesta o seu rexeitamento aos recortes en axudas aos comedores por parte da Xunta de Galicia, alegando unha repartición máis equitativa e un suposto baremo, que despois do resultado obtido, non parece o máis xusto.

Os comedores escolares naceron no seu día por unha demanda dos país para a conciliación da vida laboral cos horarios escolares. Aínda que nestes intres as necesidades sexan outras, dada a crise económica que estamos padecendo, cremos que agora máis que nunca non é o momento de recortes que afecten, como sempre, directamente ás familias máis necesitadas. Acusar a Federación de partidista a estas alturas, e cando se está a traballar de forma desinteresada pola educación pública, parécenos un despropósito por parte da Delega da Xunta de Galicia. Dubidar, da xestión dos comedores ou de non potenciar os hábitos saudábeis, é ter pouco coñecemento do funcionamento dos devanditos comedores.

Lembremos, que a reivindicación máis importante desde sempre, xa sexa en época de eleccións ou non, é que a xestión dos comedores escolares de Vigo, fose asumida na súa totalidade pola administración da Xunta de Galicia.

 Francisco piñeiro Lorenzo

Responsábel da Área de Educación

da Comisión Permanente

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: