ADXUDICADAS AS OBRAS DO PUNTO LIMPO DO CONCELLO DE MOS, QUE PODERÁN COMEZAR ESTE MESMO ANO
Estas infraestruturas tratan de evitar a vertedura incontrolada de entullos e residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos e facilitar a recuperación dos recursos contidos nos residuos para a súa reciclaxe§ Esta instalación beneficiará directamente aos máis de 14.200 habitantes de Mos e a súa área de influencia