Nunca Máis chama a participar da concentración do día 16 «para que os culpábeis non saian impunes»

 A plataforma lembra que “a seguridade das costas galegas segue a ser competencia de Madrid”, que “outro ‘Prestige’ é posíbel” e chama a concentrarse na Coruña o 16 no inicio dun xuízo que “comeza dez anos após a catástrofe”.
 
A plataforma cidadá Nunca Máis volveu comparecer en público para, nas vésperas do décimo aniversario da catástrofe do ‘Prestige’, chamar a participar na concentración que convocan diante do improvisado xulgado de ExpoCoruña onde o día 16 comeza o xuízo, ás 11.00 horas. “Volvemos a rúa porque outro desastre como aquel é posíbel. Houbo avances, como a desaparición dos petroleiros monocasco, mais segue sen haber unha vixilancia vía satélite que controle o que pasa no noso corredor marítimo e, por exemplo, evite verquidos como os dos sentinazos. E aínda non se transferiron a Galiza as competencias nese eido, polo que Madrid volvería ser quen asumise outra situación semellante. Tampouco hai estudios que indiquen ás claras o estado dos bancos afectados ou do efecto que tivo o chapapote na saúde das persoas”. O que ten que quedar claro é que non pode haber impunidade” afirma a Plataforma.
Dende Nunca Máis afírmase que “o feito de que o ‘señor de los hilillos’ sexa agora presidente do goberno é unha razón máis para nos mobilizar, xa que está moi claro que as nefastas mans en que estivemos daquela son as mesmas en que estamos agora, por moita lexitimidade que teñan. De feito, é importante a reactivación de Nunca Máis tamén polo que significa nestes tempos de crise en que nos piden que aturemos todo de xeonllos. Nese sentido, Nunca Máis foi un exemplo para o mundo á hora de levantar a bandeira da dignidade dun pobo e do ecoloxismo.
Dende a Plataforma anímase a todas a persoas que o desexen a asistir á concentración que terá lugar na Coruña coincidindo co inicio do xuízo. Para máis información sobre como acudir á concentración pódese consultar http://www.plataformanuncamais.org

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: