Archive | octubre 15, 2012

Concello de Vigo


O Concello valida novos convenios para a creación de emprego, que xa suman 172 postos de traballo

O alcalde anunciou hoxe luns a aprobación polo goberno local doutros convenios con entidades dentro do Plan Municipal de Emprego, acordos que se engaden ao xa acordaros e alcanzan os 172 empregos creados, cun investimento de 1,6 millóns de euros sobre os máis de 5 millóns de euros que ten orzamentado.

 


O alcalde data para novembro o inicio dos servizos do Centro Integral de Inclusión Social

Abel Caballero informou este luns da adxudicación provisional do Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social, instalado en Marqués de Valterra, un dispositivo que xa opera provisionalmente como albergue e que «a finais do mes que ven» ofrecerá todos os servizos deste Centro. O Concello adxudica o servizo por 1,3 millóns por 2 anos.

 


Vetusta Morla traerá a Vigo o seu formato acústico e eléctrico o próximo 18 de outubro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o director da promotora cultural Esmerarte, Joaquín Martínez, presentaron este luns o espectáculo que ofrecerá o grupo de Tres Cantos no Auditorio «Mar de Vigo» o próximo xoves, ás 21:30 horas, como parte do seu fin de xira internacional. A metade do aforo está xa vendido, con entradas que oscilan entre os 25 e os 35 euros.

 


Igualdade inicia unha campaña sobre a saúde desde a perspectiva de xénero

A Concellería de Igualdade inicia o mércores a xornada formativa «A saúde desde a perspectiva de xénero», que ten por obxecto contribuír á mellora da calidade de vida e ao benestar físico e psíquico das mulleres. As xornadas desenvolveranse na Casa das Mulleres. Rúa Romil, 20.

nota folga 17 O / cazarolada 16 O

Folga estudantil e manifestación convocada por Galiza Nova para o mércores 17 de outubro (manifestación ás 12hs desde Praza de América).Así mesmo, tamén lle facemos chegar outra nota de prensa sobre a cazarolada que Galiza Nova convoca para mañá martes 16 de outubro ás 13.15 horas no CUVI (facultade de filoloxía e tradución) contra os atques ao ensino público e na que participarán Marta Dacosta (CIG ensino e candidata do BNG), Iria Aboi (Secretaria Xeral Galiza Nova e candidata do BNG) e Ana Bringas (profesora en filoloxía e tradución).

CROWSPELL TOUR 2012-2013- SURU EN VIGO 20/10/2012

  Tras el éxito conseguido en la primera edición de  DEATH SESSIONS  VOL1  realizado en la mítica sala madrileña Excalibur.

 SURU siguen sumando kilómetros a su gira “Crownspell Tour”, donde seguirán presentando su primer álbum “Catharsis” por todo el territorio. Este sábado, la banda se desplazará hasta Vigo, donde estarán acompañados de otra gran banda del metal melódico, DARK ETERNITY.  Leer más…

EIXO ATLANTICO REUNIDA CON COMISION DE OBRAS PUBLICAS DEL PARLAMENTO DE PORTUGAL

El presidente del Eixo Atlántico, José Maria Costa, y el secretario general, Xoan V. Mao, se reunieron hoy en Viana do Castelo con la Comisión de Economía y Obras Públicas del Parlamento portugués, con su presidente al frente, Luís Campos Ferreira. Se les trasladaron cuestiones como las dificultades de estos días con los dispositivos electronicos en los peajes así como la importancia del apoyo a la línea ferroviaria del Miño entre Oporto y Vigo
  Pie de Foto: De izquierda a Derecha: José Maria Costa, Presidente del Eixo; Xoan V. Mao, secreatrio general; Jorge Fão, diputado portugués y Luís Campos Ferreia, presidente de la Comisión de Economía y Obras Públicas del Parlamento de Portugal.

Mitin enGondomar (martes 16 de outubro)Compromiso por Galicia (Comarca de Vigo

Campaña na Comarca do Val Miñor.Será un mitin na Casa da Cultura de Gondomar, presentado Pepe Valverde, e
falarán Sandra Arauxo, Inma López Silva, e Natalia Costas, números dous,
tres e quince respectivamente da lista de Compromiso por Galicia na
provincia de Pontevedra.

Mitin de Compromiso por Galicia en Gondomar

Día: martes 16 de outubro
Hora: 20:30
Lugar: casa da Cultura de Gondomar (rúa Portugal)

A XUNTA DE GALICIA REMATA AS OBRAS DE URBANIZACIÓN E PAVIMENTACIÓN DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN DE CANGAS

  •   Os traballos supuxeron un investimento de case 220.000 euros e se concederon ao abeiro da orde de axudas para a adecuación e modernización de equipamentos comerciais en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-comercia 2010-2013.   Leer más…

GALICIA RECIBIRÁ DO GOBERNO CENTRAL 108.000 EUROS PARA A INVESTIGAC​IÓN EN ACUICULTUR​A

A conselleira do Medio Rural e do Mar asistiu hoxe en Madrid aos consellos consultivos e conferencias sectoriais de Pesca e Agricultura

Santiago, 15 de outubro de 2012.- Galicia recibirá do Goberno Central 108.359 euros para a investigación en acuicultura no marco dos proxectos nacionais Jacumar. Sinalouno hoxe en Madrid a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, trala celebración do consello consultivo e a conferencia sectorial de pesca. A conselleira engadiu que este é “un período transitorio”, xa que na nova Política Pesqueira Común haberá novas liñas de axuda á acuicultura. Outro dos temas tratados na conferencia sectorial de pesca foi a próxima reunión do  Consello de Ministros de Pesca da UE na que se deliberará sobre a concesión de axudas do fondo europeo á modernización e as paralizacións definitivas e temporais. Neste sentido, Rosa Quintana insistiu en que España, e Galicia en particular, continúa defendendo a posibilidade de auxiliar as paradas temporais e definitivas e tamén a modernización da súa frota. Cabe lembrar que a redución da frota se enmarca na política pesqueira da UE de adaptar a capacidade de pesca das frotas aos recursos dispoñibles. En todo caso, a titular de Medio Rural e Mar lembrou que esta cuestión aínda está en período de debate e deliberación e que non é definitiva.

BRAVO BOSCH DESTACA O POTENCIAL QUE TEN A FUNDACIÓN SALES PARA CONVERTIRSE NUN REFERENTE “VIVO” PARA A APRENDIZAXE

  •  A delegada territorial da Xunta en Vigo mantivo esta mañá un encontro con responsables da fundación, un importante refuxio botánico “para corpo e espírito”.

Vigo, 15 de outubro de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo esta mañá un encontro con responsables da Fundación Sales co fin de coñecer as súas instalacións e a labor que desenrolan día a día.Acompañada polo director botánico, Oliver Weiss, e o secretario da fundación, Francisco Rodríguez, Bravo Bosch coñeceu a institución que xestiona o legado do arquitecto paisaxista Francisco de Sales Covelo dende o ano 2001. Leer más…

PP declaraciones Vigo

  Javier Guerra: “Es indignante que alguien pueda exigir al presidente de México que muestre el contrato de Pemex para Barreras”

  • El candidato del PP y conselleiro de Economía e Industria considera “ridículo” que se ponga en duda la palabra de un presidente electo de un país, “por las ganas que tienen determinados partidos y sindicatos de que se dude del contrato para los astilleros de la Ría”.
  • El máximo accionista de Barreras y presidente de la Cámara de Comercio, José García Costas, explica al pleno cameral que “el contrato está firmado y en breve comenzará la construcción del buque hotel”.
  • “Es el barco más caro, que no el más costoso, de cuantos se han contratado en el astillero vigués desde que se privatizó”, afirmó el empresario.

Elena Muñoz afirma que el PP incrementará el número de plazas públicas para guardería en Vigo por tratarse de una prioridad de gobierno

  • La ciudad olívica es la que cuenta con un mayor incremento en su número de plazas en guarderías, disponiendo en total de 628 distribuídas en 8 centros autonómicos.
  • En cuantó a políticas sociales, Elena Muñoz destacó que “la Xunta de Galicia multiplicó por cuatro las ayudas a los dependientes, pasando de los 16.000 beneficiarios de la época del bipartido a los más de 60.000 actuales”.
  • Vigo recibió 47,6 millones del gobierno gallego del PP para centros y actividades sociales.Elena Muñoz y Javier Guerra defienden la gestión económica de la Xunta, “porque es la única forma de afrontar la crisis con la herencia que dejó el bipartito
    • “Con la posición que tiene ahora Galicia ahorramos 200 millones de euros al año en pago de intereses por la deuda”, afirma el candidato del PP y conselleiro de Economía e Industria.
    • “Si no se hubiese adelgazado la administración autonómica sería imposible realizar inversión pública; gastaríamos todo en pagar a la propia administración”, asegura la candidata del PP y conselleira de Hacienda.
    • “El presidente Núñez Feijóo no aplicó las medidas de austeridad para cuadrar sus cuentas, lo hizo para cuadrar los números de los gallegos”, subraya Javier Guerra.
    • Elena Muñoz destaca que “la Xunta anterior dedicaba el 80 por ciento del dinero a gastos corrientes e improductivos, además de dejar un agujero de 1.500 millones de euros”.

ECONOMÍA E INDUSTRIA OFRECE MÁIS DE 300 DIAGNÓSTICOS OU SERVIZOS AVANZADOS DE MELLORA COMPETITIVA NO MARCO DO PLAN RE-ACCIONA

O prazo de presentación de solicitudes para a nova convocatoria, a través da web do Igape, está aberto ata o próximo 26 de outubro§  O Instituto está a coordinar a implantación de servizos avanzados de mellora da competitividade en preto dun cento de empresas que se presentaron á primeira convocatoria deste programa.