A MOCIDADE GALEGA PODERÁ DEBATER SOBRE OS PROBLEMAS DA XUVENTUDE NO PROXECTO GALICIA POLIS

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe esta iniciativa nunha rolda de prensa en Santiago
  • O proxecto chegará a 200 mozos e mozas galegos con idades comprendidas entre os 15 e 30 anos
  • A caravana visitará Tui, Pontevedra, Lugo, Ourense, Vigo, Santiago, Ferrol e A Coruña e rematará cun seminario final en Braga (Portugal) que terá lugar entre os días 21 e 23 de novembro

 Santiago, 16 de outubro de 2012.- A mocidade galega poderá debater sobre os problemas que afectan á xuventude a través do proxecto Galicia Polis, que será realizado en varias cidades galegas con seminarios preparatorios e un seminario final en Braga (Portugal) que terá lugar entre os días 21 e 23 de novembro. Este proxecto incide na necesidade de que os mozos e mozas participantes expoñan as súas inquedanzas e ideas sobre os problemas da xuventude, as súas vivencias democráticas, os valores europeos e a dinamización xuvenil da Eurorexión Galicia Norte de Portugal. Estes seminarios serán organizados de conformidade cos principios  de educación non formal, voluntariado, integración, diálogo e debate. O proxecto chegará a 200 mozos e mozas galegos con idades comprendidas entre os 15 e 30 anos. En concreto, a caravana visitará Tui, Pontevedra, Lugo, Ourense, Vigo, Santiago, Ferrol e A Coruña. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe esta iniciativa nunha rolda de prensa en Santiago e indicou que a iniciativa contará con oito seminarios preparatorios a través da organización dunha caravana que visitará varias vilas galegas no sentido de convidar a todos os mozos e mozas galegas a aportar a súa achega á construción de novas políticas de xuventude no ámbito de Braga 2012 Capital Europea da Xuventude.Rodeiro engadiu que “os seminarios serán desenvolvidos nun clima de tolerancia e convivencia, coa pretensión de desenvolver reaccións de respecto mutuo pola diversidade cultural e diferentes grupos políticos, asociativos e sociais”. O proxecto culminará coa realización dun encontro en Braga con todos os representantes dos diversos seminarios preparatorios cun espírito de representatividade efectiva e realización dun documento orientador. Este proxecto incide na necesidade de que os mozos e mozas participantes expoñan as súas inquedanzas e ideas sobre os problemas da xuventude, as súas vivencias democráticas, os valores europeos e a dinamización xuvenil da Euro Rexión Galicia Norte de Portugal. Braga 2012 Capital Europea da Xuventude entende o diálogo estruturado como unha metodoloxía de educación non formal para a promoción da participación activa e como o motor do cambio e desenvolvemento de procesos democráticos. Do mesmo xeito pretende abrir unha discusión sobre o proceso democrático, a participación dos mozos e mozas, a cidadanía activa e incrementar a súa participación de forma activa e democrática nas estruturas sociais e nas organizacións xuvenís na Eurorexión Galicia Norte de Portugal. Está dirixido especialmente aos estudantes de ensino de grao superior e ensino medio, a membros de entidades xuvenís, culturais e deportivas do Norte de Portugal e de Galicia.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: