A XUNTA ADXUDICA AS OBRAS DE CONSTRUCIÓ​N DE BEIRARRÚAS EN AMOEDO, PAZOS, XUNQUEIRAS E MOSCOSO, EN PAZOS DE BORBÉN

  • A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas investirá un total de 115.000 euros en mellorar as beirarrúas das estradas PO-252 e PO-250
  • A actuación beneficiará a preto de 3.200 veciños e veciñas do concello pontevedrés de Pazos de Borbén
  • A Axencia Galega de Infraestruturas anuncia un corte na PO-253 en Prado-Pazos de Borbén, motivado pola reparación dun terraplén e a restitución da calzada entre os PK 10+400 e 11+000, para o que se habilita un desvío pola  EP-2705 

Santiago, 16 de outubro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudicou hoxe as obras de construción de beirarrúas que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vai acometer nos núcleos de Xunqueiras, Moscoso, Pazos e Amoedo, todos eles pertencentes ao Concello de Pazos de Borbén. Os núcleos de Moscoso, Pazos e Amoedo atópanse nas marxes da PO-250 entre Redondela e Forzáns mentres que o núcleo de Xunqueiras pertence á estrada PO-252 Mondariz-Moscoso. Encádranse dentro da Rede Secundaria da Xunta de Galicia. A actuación, adxudicada a través da Sociedade Pública de Investimentos (SPI) por 115.000 euros á empresa Construcións Cadevergazo, beneficiará a preto de 3.200 veciños e veciñas do municipio de Pazos. O prazo de execución dos traballos é de dous meses. O aumento de poboación nos núcleos sinalados xustifica a construción de beirarrúas en zonas onde antes non eran necesarias co fin de resolver os problemas de tráfico peonil. Así, o proxecto describe as obras necesarias para a construción de beiravías así como as súas correspondentes canalizacións de pluviais sen alterar en absoluto o trazado nin o perfil dos viais existentes. As beirarrúas dotaranse de pasos rebaixados para o uso de minusválidos e calquera outro carriño de manual de uso habitual (carritos de compra ou de bebés). Ao mesmo tempo procederase a anular as gabias de augas pluviais existentes repoñéndose a recollida de augas con un sistema de tubería de formigón e os seus correspondentes pozos de rexistro e sumidoiros. As obras realizaranse sen necesidade de ocupación de terreos de titularidade privada, sempre se actuará en terreos de dominio público.

 Corte na PO-253

Por outra banda, a Axencia Galega de Infraestruturas informou de que desde mañá, 17 de decembro ata o 1 de decembro haberá un corte na PO-253, en Prado-Pazos de Borbén, motivado pola reparación dun terraplén e a restitución da calzada entre os PK 10+400 e 11+000. Os desvíos debidamente sinalizado realizaranse pola estrada EP-2705

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: