XUVENTUDE PROMOVE O INTERCAMBI​O EUROPEO ENTRE VOLUNTARIO​S DE MÁIS DE 50 ANOS A TRAVÉS DO PROGRAMA GRUNDTVIG

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, recibiu hoxe ao segundo grupo de voluntarios irlandeses que participa na iniciativa
  • Para tomar parte do proxecto só se require ser maior de 50 anos e un coñecemento básico do inglés
  • O custe é de balde ofertándose aos voluntarios e voluntarias aloxamento e pensión completa no albergue elixido, o desenvolvemento dun programa de actividades e un seguro de accidentes e de responsabilidade civil 
  • Este programa enmárcase no III Plan Galego de Acción Voluntaria (2011-2014)

 O Pino (A Coruña), 16 de outubro de 2012.- A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, está a organizar un intercambio europeo entre voluntarios de 50 ou máis anos a través do programa Ways of Solidarity (Camiños de Solidariedade) subvencionado pola iniciativa Grundtvig dentro dos programas de aprendizaxe permanente da Comisión europea. Este programa enmárcase nas accións que contempla a liña estratéxica de promoción do voluntariado establecida polo III Plan Galego de Acción Voluntaria (2011-2014). O responsable da área autonómica, Ovidio Rodeiro, recibiu hoxe aos dous primeiros voluntarios irlandeses que participan neste proxecto. Procedentes de Belfast, realizarán en Galicia labores de información e colaboración no albergue de peregrinos do Pino e manterán contacto con outras entidades de acción voluntaria de Galicia, onde poderán coñecer de primeira man as actividades realizadas en Galicia e aportar a súa experiencia neste eido. Dous voluntarias galegas xa viaxaron a Belfast onde compartiron os seus coñecementos e habilidades, ao tempo que participaron en actividades culturais e colaboraron na elaboración de proxectos de voluntariado social. Neste proxecto poden participar voluntarios ou voluntarias que teñan cumpridos os 50 anos no momento da súa participación e conten cun coñecemento básico do inglés. Non se requiren outras habilidades específicas. O custe para tomar parte deste programa é de balde, ofertándose aos voluntarios e voluntarias aloxamento e pensión no albergue elixido, o desenvolvemento dun programa de actividades e un seguro de accidentes e de responsabilidade civil. Rodeiro destacou que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado puxo en marcha este proxecto para maiores de 50 anos co obxectivo principal de desenvolver un intercambio de aprendizaxe intercultural entre voluntarios e voluntarias sénior de España e Reino Unido. É a primeira experiencia deste tipo en Galicia. “Con este proxecto queremos animar aos voluntarios maiores a valorar a contribución que poden facer á sociedade e reforzar a mensaxe de que a idade non impide que a xente aprenda”, destacou Rodeiro.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: