Archive | octubre 17, 2012

A XUNTA DESTINA 14,8 MILLÓNS DE EUROS AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DO RURAL DE GALICIA NA CONVOCATORIA 2012-2013

Estas axudas van dirixidas ao desenvolvemento de servizos básicos para a economía e a poboación rural, a accións de conservación e mellora do patrimonio rural  e ao fomento de actividades turísticasResolvéronse favorablemente 374 proxectos presentados por concellos ou mancomunidades de municipios que perseguen a mellora da calidade de vida e a diversificación da economía rural.

La formación de los profesionales del sector cultural a examen en el último Observatorio de la Cultura

  MIÉRCOLES, 17 DE OCTUBRE DE 2012La Fundación Contemporánea presenta la segunda parte de los resultados de la consulta semestral de su Observatorio de la Cultura correspondiente al primer semestre de 2012. La sexta consulta del Observatorio de la Cultura ha sido respondida por 141 profesionales de la cultura entre los meses de mayo y junio de 2012. El cuestionario que se les remitió estaba dividido en dos secciones. En la primera de ellas, La Sociedad Civil y la Cultura, se pulsaron las expectativas del sector cultural ante la anunciada nueva ley de mecenazgo y otras iniciativas para fomentar la financiación privada de la cultura. Los resultados de esta primera parte fueron presentados en julio de 2012 y pueden consultarse aquí.La segunda parte se ha referido a la preparación de los profesionales de la cultura,sus necesidades de formación y la motivación de los profesionales del sector. Nivel de formación Leer más…

A XUNTA REMITIU AO CONSORCIO DO CASCO VELLO DE VIGO OS NOVOS ESTATUTOS, AUTORIZADOS POLO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA PARA CONTINUAR COS TRABALLOS DE REHABILITACIÓN

  • O propio Consorcio xestionará a sinatura do convenio por parte das dúas administracións intervintes, a Xunta e o concello.
  • Garántese así a continuidade do Consorcio durante polo menos os próximos cinco anos, inda que se prevé a posibilidade de prórroga.
  • O capital do Consorcio está formado nun 90 por cento por achegas do IGVS e no 10 por cento restante do concello de Vigo. Leer más…

O ISSGA ORGANIZA EN VIGO UNHA XORNADA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS APLICADA Á CONSTRUCIÓN

  • A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe na inauguración desta iniciativa
  • Esta acción formativa enmárcase dento da colaboración con institucións e entidades no eido da seguridade no traballo, coas que o ISSGA está a realizar accións informativas e formativas para dar resposta a novidades técnicas e normativas
  • A sinistralidade laboral no sector da construción descendeu un 35,81% nos primeiros nove meses do ano, ao pasar dun total de 4.473 accidentes nos primeiros nove meses de 2011 ata 2.871 no mesmo período de 2012 Leer más…

Comunicado Concelleiro de Deporte Vigo

Vigo, 17 de outubro de 2012.- En relación coa setenza do Xuzgado do Social nº 2 de Vigo de 28 de setembro de 2012, a concellería de Deportes aclara que a empresa auxiliar de servizos UTE V2 Complementos auxiliares SA-Pilsa e os traballadores demandantes deixaron de prestar servizos nas dependencias do IMD o pasado 28 de xullo. A dirección do IMD respecta e acata as decisións xudiciais e apunta que non consta na resolución xudicial ningún pronuniciamento sobre a readmisión ou despido, o que é totalmente congruente co libremente pedido polos demandantes e resolto na sentenza. Esta resolución nón é firme e xa foi presentado o anuncio do recurso de Suplicación pola defensa letrada do IMD. Desde o IMD explican que non consta que ningún dos traballadores demandantes que cesaron na prestación dos seus servizos nas instalacións do IMD cando se extinguiu o contrato coa  UTE V2 Complementos auxiliares SA-Pilsa exercitase ningunha acción de despido nin de ningunha outra clase, fora do resolto na sentenza. A resolución revela tamén uns comportamentos internos que teñen que rematar e ser corrixidos de inmediato, ao ser inaceptables en calquera organismo suxeito ao Dereito Administrativo para evitar responsabilidades de todo tipo. O departamento de Deportes aclara que cando sexa firme a sentenza declarativa, acatarase en todos os seus termos, consonte á normativa laboral e tamén con estrito cumplimento do Dereito Administrativo, de aplicación en canto que o IMD é un organismo autónomo municipal. O IMD, ao igual que calquera administración pública, está legal e constitucionalmente obrigado a seleccionar o seu persoal de acordo aos principios de publicidade, igualdade, obxectividade mérito e capacidade. En todo caso, calquera proposta razoada e axustada á legalidade será obxecto de consideración.

Manel Fernández

Concelleiro de Deportes

LA SALUD AMBIENTAL DEL VAL DE A LOURIÑA A ESTUDIO Y DEBATE EN EL CENTRO CULTURAL DE PORRIÑO


El IL Curso de Salud Ambiental que se celebrará la próxima semana en Porriño ha sido presentado esta mañana por el alcalde Nelson Santos, la concejala de Medio Ambiente y Sanidad, María José Martínez y el director del curso Francisco Peña

Una veintena de expertos de reconocido prestigio intervendrán en estas jornadas cuyo objetivo fundamental es contribuir a sentar las bases del desarrollo sostenible futuro del Val da Louriña, “pues el patrimonio natural es el mejor legado para las generaciones venideras”

Ya hay 70 personas inscritas, no obstante la inscripción continúa abierta hasta este viernes en las dependencias del centro cultural municipal

OBRADOIRO: TÉCNICAS DE RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS E CONTROL DAS EMOCIÓNS

Datas: NOVEMBRO-DECEMBRO 2012 (18 horas): luns 12 novembro; luns 19 novembro; luns 26 novembro; luns 3 decembro; luns 10 decembro; luns 17 decembro.

Horario: de 18,00 a 21,00 horas.

Lugar: Centro cívico Casco Vello: rúa Oliva, nº 12. Planta baixa.

PROGRAMA: Leer más…

TRABALLO INCIDE EN QUE AS POLÍTICAS ACTIVAS DE PREVENCIÓN SON FUNDAMENTAIS PARA MELLORAR A COMPETITIVIDADE

  • O director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, participou hoxe en Vigo na ‘Xornada de prevención de riscos laborais: Vixilancia da Saúde e rendibilidade da PRL na empresa’
  • Odilo Martiñá destacou a importancia de que a seguridade e a saúde laboral sigan a ser un obxectivo prioritario para as empresas porque son “fundamentais para mellorar a produtividade” Leer más…

Premio MARCO/FRAC Novos Comisarios​: últimos días prazo proxectos

   Este venres 19 de outubro finaliza o prazo de presentación de proxectos  Este venres 19 de outubro, ás 19.00, finaliza o prazo de presentación de proxectos do premio para novos comisarios 2012, que por terceira vez consecutiva foi convocado conxuntamente polo MARCO de Vigo e o FRAC Lorraine (Fonds régional d’art contemporain de Lorraine) de Metz, Francia. Con esta convocatoria, MARCO e FRAC Lorraine apostan pola formación de novos profesionais no ámbito do comisariado e xestión de exposicións. O premio ofrece aos participantes a oportunidade de presentar e levar a cabo un proxecto expositivo nos espazos do 1º andar do MARCO e do FRAC Lorraine. Recentemente, o pasado domingo 14 de outubro, clausurouse no MARCO a mostra ‘Formas breves, outras, 25’, que foi o proxecto premiado na edición 2011.

 O xurado seleccionará no mes de novembro de 2012 o proxecto gañador, e a súa decisión farase pública durante ese mes. Os criterios de valoración das propostas terán en conta a súa calidade e a súa adecuación ás características das salas do MARCO e do Frac Lorraine como espazos expositivos. Achegamos con esta convocatoria as bases do premio, que conteñen as indicacións e enderezos para o envío de propostas. Toda a información e arquivos están dispoñibles tamén nas webs de ambas as dúas entidades: www.marcovigo.com y www.fraclorraine.org.

PRESENTACI​ÓN 7ª EDIDIÓN DO CONCURSO DE TAPAS DA ASOCIACIÓN DE COMERCIANT​ES E HOSTALEIRO​S VIGOVELLO

Hoxe mércores día 17 de outubro ás 12:00 horas no Mercado do Berbés (Teófilo Llorente 20, aparcamento no propio Mercado por rúa Cánovas del Castillo) faremos a presentación do 7º CONCURSO DE TAPAS VIGOVELLO, coa presencia do Alcalde de Vigo, D. Abel Caballero, a Tenente-Alcalde Dna. Carmela Silva, o Concelleiro de Turismo e Comercio D. Cayetano Rodríguez e os representantes da Asociación de Comerciantes e Hostaleiros Vigovello.
 
Ao remate faremos unha degustación de pinchos para os asistentes.