Premio MARCO/FRAC Novos Comisarios​: últimos días prazo proxectos

   Este venres 19 de outubro finaliza o prazo de presentación de proxectos  Este venres 19 de outubro, ás 19.00, finaliza o prazo de presentación de proxectos do premio para novos comisarios 2012, que por terceira vez consecutiva foi convocado conxuntamente polo MARCO de Vigo e o FRAC Lorraine (Fonds régional d’art contemporain de Lorraine) de Metz, Francia. Con esta convocatoria, MARCO e FRAC Lorraine apostan pola formación de novos profesionais no ámbito do comisariado e xestión de exposicións. O premio ofrece aos participantes a oportunidade de presentar e levar a cabo un proxecto expositivo nos espazos do 1º andar do MARCO e do FRAC Lorraine. Recentemente, o pasado domingo 14 de outubro, clausurouse no MARCO a mostra ‘Formas breves, outras, 25’, que foi o proxecto premiado na edición 2011.

 O xurado seleccionará no mes de novembro de 2012 o proxecto gañador, e a súa decisión farase pública durante ese mes. Os criterios de valoración das propostas terán en conta a súa calidade e a súa adecuación ás características das salas do MARCO e do Frac Lorraine como espazos expositivos. Achegamos con esta convocatoria as bases do premio, que conteñen as indicacións e enderezos para o envío de propostas. Toda a información e arquivos están dispoñibles tamén nas webs de ambas as dúas entidades: www.marcovigo.com y www.fraclorraine.org.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: