PRESENTACIÓN 7ª EDIDIÓN DO CONCURSO DE TAPAS DA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E HOSTALEIROS VIGOVELLO
Hoxe mércores día 17 de outubro ás 12:00 horas no Mercado do Berbés (Teófilo Llorente 20, aparcamento no propio Mercado por rúa Cánovas del Castillo) faremos a presentación do 7º CONCURSO DE TAPAS VIGOVELLO, coa presencia do Alcalde de Vigo, D. Abel Caballero, a Tenente-Alcalde Dna. Carmela Silva, o Concelleiro de Turismo e Comercio D. Cayetano Rodríguez e os representantes da Asociación de Comerciantes e Hostaleiros Vigovello.
Ao remate faremos unha degustación de pinchos para os asistentes.