TRABALLO INCIDE EN QUE AS POLÍTICAS ACTIVAS DE PREVENCIÓN SON FUNDAMENTAIS PARA MELLORAR A COMPETITIVIDADE

  • O director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, participou hoxe en Vigo na ‘Xornada de prevención de riscos laborais: Vixilancia da Saúde e rendibilidade da PRL na empresa’
  • Odilo Martiñá destacou a importancia de que a seguridade e a saúde laboral sigan a ser un obxectivo prioritario para as empresas porque son “fundamentais para mellorar a produtividade”

Vigo, 17 de outubro de 2012.- O director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, incidiu hoxe na importancia das políticas de prevención xa que, ademais de aumentar a motivación dos traballadores, son fundamentais para a mellora da produtividade e da competividade.

Odilo Martiñá participou hoxe en Vigo na ‘Xornada de prevención de riscos laborais: Vixilancia da Saúde e rendibilidade da PRL na empresa’ e indicou a importancia de que a seguridade e a saúde laboral sigan a ser un obxectivo prioritario para as empresas en época de crise porque son fundamentais para mellorar a produtividade e a competitividade incrementando o ‘capital saúde’, que beneficia a toda a sociedade.

O director xeral de Relacións Laborais salientou que é necesario integrar os dous conceptos, seguridade e sostibilidade, “como a única forma de traballar” e destacou que en Galicia estamos a desenvolver por segundo ano o Plan Estratéxico de Prevención de Riscos Laborais deseñado, consensuado e acordado por todos os axentes implicados no marco do diálogo social. Así, no ano 2011 a sinistralidade laboral baixou na nosa Comunidade un 14% respecto do ano anterior, e desde o ano 2007 a sinistralidade descendeu un 33%, co que se cumpre o obxectivo de redución do 25% marcado na estratexia comunitaria.

Ademais, Martiñá lembrou a importancia de que as empresas realicen unha análise dos custos-beneficios da prevención de riscos, para o que o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) ten unha ferramenta que permite calcular o custo da non prevención; inculcar a idea de que os recursos destinados á prevención son totalmente rendibles; a necesidade de coñecer os custos reais que se deriven dos accidentes e das enfermidades profesionais; e a integración da prevención na empresa.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: