Concello de vigo
O Concello gaña un recurso xudicial e evita o pago de 430.000 euros á anterior concesionaria da zona azul |
Caballero eloxia a Vigoferia como un evento «relevante» para o «comercio e a promoción» da cidade |
O alcalde recibiu aos dez novos conserxes contratados polo Concello para colexios públicos |
Novagalicia lanza un seguro de vida exclusivo para mulleres
A póliza permite dispor do diñeiro en caso de diagnóstico de cancro de mama
Por cada seguro, a entidade donará 5 euros para a loita contra o cancro de mama
- 18.10.2012. Novagalicia Banco comercializa a partir de mañá na súa rede de sucursais un seguro de vida exclusivo para mulleres de entre 18 e 55 anos que, ademais das coberturas habituais dos seguro de vida (falecemento, invalidez, etc.), permite dispor do capital en caso de diagnóstico de cancro de mama.
O lanzamento do novo produto fíxose coincidir co 19 de outubro, Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama, unha enfermidade que, segundo datos da Asociación Contra o Cancro, podería desenvolver 1 de cada oito mulleres galegas.
Albergue e custodia de 21 cadros de Maside no Museo de Pontevedra, a petición da familia
A Deputación de Pontevedra recibeu hoxe, a petición da familia do pintor Carlos Maside, o albergue e custodia de 21 cadros da colección do artista que permanecían no Museo Quiñones de León de Vigo.
O Museo de Pontevedra albergará e custodiará a devandita colección ata que a familia do pintor concrete e ultime as negociacións que tén en marcha con distintas institucións e entidades públicas e privadas para a venta ou depósito dos vintaún cadros.
As obras recibidas hoxe no Museo de Pontevedra levan por título: Muller sentada, Autorretrato, A res, Duas paisanas, Mercado, Lavandeiras, Costureiras, Tenda, Paisaxe, Cacharreira, Rapaz e xantar, Bodegón con pan (pementos verdes), Cesto e froiteiro de cristal, Xardas, Flores e buguina e Retratos infantís (conxunto de 6).
A XUNTA AMOSA O SEU TOTAL APOIO Á FUNDACIÓN FAI BEN POLA SÚA LABOR DE ATENCIÓN AOS MENORES EN SITUACIÓN DE DESPROTECCIÓN
A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo hoxe un encontro cos responsables desta asociación, que conta con dúas casas de familia na cidade olívica onde conviven 8 nenos e nenas menores de idade.
- As casas de familia son vivendas normalizadas onde os menores conviven con 4 educadores, dous deles residen na mesma, reproducindo un modelo familiar onde os nenos teñen un referente familiar e un clima de estabilidade e de protección. Leer más…
BENESTAR CELEBRARÁ A FINAIS DE NOVEMBRO UNHAS XORNADAS SOBRE EMPRENDEMENTO E AUTOEMPREGO XUVENIL EN SANTIAGO
- O obxectivo da iniciativa é analizar a actual situación de desemprego en Galicia e España valorando a situación dos mozos e mozas e as perspectivas socioeconómicas
- Desenvolveranse relatorios sobre desemprego xuvenil, un panel de experiencias sobre programas europeos de mobilidade e unha mesa redonda sobre emprendemento, entre outras accións
- O prazo de inscrición rematará o próximo 9 de novembro
Santiago, 18 de outubro de 2012.- A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado celebrará os próximos 23 e 24 de novembro unhas xornadas sobre desemprego, emprendemento e autoemprego xuvenil en Santiago, unha iniciativa enmarcada dentro do proxecto europeo Xuventude en Acción. Poderán participar representantes de asociacións xuvenís, monitores, técnicos de xuventude de entidades públicas, representantes políticos en materia de xuventude, líderes de organizacións estudantís e mozos e mozas non asociados. Leer más…
Comunicado prensa Xunta de Persoal Docente sobre as eleccións
En Pontevedra a 17 de outubro de 2012
A Xunta de Persoal Docente da provincia de Pontevedra suspende a política educativa do goberno de Feijóo e chama ao profesorado a participar nas eleccións autonómicas e a non avalar co seu voto os ataques contra o ensino público e as políticas antisociais promovidas polo Partido Popular.
Os eixos da política educativa do goberno de Núñez Feijóo nestes 3 anos e medio foron: Leer más…
LA DENOMINACIÓN DE ORIGEN Y LA ASOCIACIÓN “RUTA DEL VINO DE MONTERREI” CONVOCAN EL I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “LOS COLORES DE MONTERREI”.
Con el objetivo de promocionar, difundir y reconocer la creatividad de la fotografía en el mundo del vino tanto entre profesionales como aficionados La D.O. Monterrei y la Asociación “Ruta del vino de Monterrei”.
El escenario del concurso se desarrollará en las tierras de la comarca y el tema principal “LOS COLORES DE MONTERREI” (Se debe reflejar obligatoriamente el Castillo de Monterrei y un viñedo).
El mes de octubre marca el final de la vendimia, el otoño llega al campo tiñendo de rojo los viñedos, los colores ocres, rojos y amarillos se adueñan de los montes siendo el otoño una de las mejores estaciones para la fotografía.
Podrán participar todos los mayores de 18 años, concediéndose un primer premio único de 300 € y diploma, y dos Accésits, el plazo de admisión de obras finalizara el 23 de noviembre.
Para más información y solicitud de las bases pueden dirigirse a través de e-mail al siguiente correo: concursorutadelvinomonterrei@gmail.com , o bien a los teléfonos 988 590 354 / 616 847 889.
NCG Banco reforza o seu comité de dirección
Alberto de Francisco e María Camino incorpóranse ao executivo
Enrique Tellado deixa a dirección Financeira, tras un ano no comité do banco
17.10.2012 O presidente executivo, José María Castellano, e o conselleiro delegado, César González-Bueno, de NCG Banco renovaron hoxe o comité de dirección executivo co obxectivo de afrontar a nova etapa da entidade e o seu proxecto de recapitalización. O comité incorpora á responsable de Recursos Humanos, María Camino, e ao responsable de Relación con Investidores, Alberto de Francisco.
Charla Conmemorativa sobre A Batalla de Rande
19 de Outubro de 2012 ás 19:30 h
Auditorio do Museo do Mar de Galicia
Entrada de balde
Con motivo do 310 aniversario da Batalla de Rande, o Museo do Mar de Galicia e o Grupo de Arqueoloxía “Alfredo García Alén”, organizan unha charla conmemorativa.
Na charla participan os arqueólogos Xurxo Constenla, director da Musealización do centro de interpretación da Batalla de Rande, “MEIRANDE”, dependente do Concello de Redondela, e Ramón Patiño, presidente do Grupo de Arqueoloxía “Alfredo García Alén”, director de actividades de arqueoloxía submarina da SAS do Grupo García Alén.
Programa:
1. O centro de interpretación de Rande, por Xurxo Constenla.
2. As expedicicións de rescate dos galeóns de Rande, por Ramón Patiño.
3. Coloquio, con Yago Abilleira e Frédéric Nabbe.
Museo do Mar de Galicia
Concello de Porriño
EL CLUB CICLISTA SPOL DE PORRIÑO RECIBE UNA SUBVENCIÓN DE 20.000 EUROS DE LA DIPUTACIÓN
El alcalde Nelson Santos y el concejal de Deportes M. Alejandro Lorenzo hicieron entrega de esta nueva aportación económica al deporte porriñés
El regidor y diputado provincial aseguró que el Gobierno local destina una partida importante al deporte, además de mediar en gestiones con entidades privadas para que colaboren a través de patrocinios
LA POLICÍA LOCAL DE PORRIÑO DETIENE A UNA MUJER POR SU PRESUNTA IMPLICACIÓN EN DELITOS DE HURTO Y ALLANAMIENTO DE MORADA
La detenida había entrado en una vivienda en Mos, de la cual sustrajo dinero en efectivo y joyas. La víctima la identificó días después mientras estaba en una cafetería en Porriño, momento en el cual alertó a la Policía Local y los agentes procedieron a su inmediata detención