ROSA QUINTANA VALORA POSITIVAMENTE A ORDE DE AXUDAS AOS MARIÑEIROS AFECTADOS POLO ACORDO ENTRE A UE E MAURITANIA PORQUE “RESPONDE A TODAS AS DEMANDAS DO SECTOR”

Santiago, 19 de outubro de 2012.-  A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, amosou hoxe a súa satisfacción ante a publicación no Boletín Oficial do Estado da convocatoria das axudas destinadas aos mariñeiros afectados pola redución das posibilidades de pesca do Acordo entre a Unión Europea e Mauritania. A titular de Medio Rural e Mar valorou positivamente a orde xa que, segundo destacou, “responde a todas as expectativas e demandas que facían os mariñeiros”.

Rosa Quintana agradeceu ao Presidente da Xunta a súa preocupación por atender o máis rápido posible aos mariñeiros afectados e o grandísimo esforzo que se fixo dende o Goberno Central porque “creo que romperon todos os récords” ao tramitar en tan só unha semana modificacións orzamentarias e ser capaz de publicar a orde, sinalou.

En Galicia poderanse beneficiar destas axudas uns 168 mariñeiros que faenaban en Mauritania en barcos que na súa maioría teñen porto base en Canarias e Andalucía. As axudas terán un custe de 1,6 millóns de euros con cargo aos Presupostos Xerais do Estado e están cofinanciadas pola Unión Europea. Concederanse por un período máximo de 6 meses de paralización temporal realizados dende 1 de agosto de 2012 ao 31 de xaneiro de 2013, ambos inclusive e se a situación persiste, poderán ser prorrogadas polo Ministerio por un período de seis meses máis ata completar un período de parada de 12 meses duración.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: