A XUNTA INICIA O LUNS OS TRABALLOS HIDRÁULICOS PARA MINIMIZAR OS RISCOS DE ASOLAGAMENTOS NO RÍO SOBRAL, NO CONCELLO DE OIA

Actuarase de modo inmediato no rego Sobral consolidando as súas marxes e ampliando o seu cauce, para despois actuar en varias pontes do Viladesuso

Santiago, 20 de outubro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciará a vindeira semana as obras e traballos necesarios para mellorar o comportamento hidráulico dos ríos Sobral e Viladesuso no Concello de Oia. En ámbolos dous regos realizaranse actuacións co obxectivo de aumentar a capacidade hidráulica e conter posibles avenidas.

Cómpre recordar que os incendios acaecidos na bacía do río Viladesusos en Oia en 2006 e que afectaron ao 90% da superficie das súas concas, provocan que cando chove as augas de escorrentía erosionen de xeito pronunciado a zona e se produzan atascos no cauce. Se as choivas son moi intensas existe un risco de inundación e avenidas de auga mesturada co material erosionado.

Así pois, a administración hidráulica de Galicia iniciará na próxima semana os traballos necesarios para evitar os danos que fenómenos extremos podan ocasionar as poboacións existentes, e comezará de modo inmediato cos traballos correspondentes ao rego Sobral para solucionar os problemas de inundacións.

En concreto, demolerase e retirarase un paso e unha ponte existente, e substituirase por un paso e unha ponte inundable; escavarase o noiro da marxe dereita do río ata conseguir un ancho de 8 metros, protexerase a marxe esquerda do río mediante a construción dun muro de dique en noiro, e seleccionaranse e colocaranse as pedras de maior tamaño no cauce no río de forma transversal para a formación de chanzos que disipen a forza da auga en avenida, escavando previamente no cauce para que queden soterradas. Disporanse un total de 7 chanzos na zona do Sobral separados por uns 10 metros aproximadamente.

Unha vez rematados estes traballos, que se executarán no ano 2012, previse para o ano 2013 a colocación de vairas barreiras flexibles para a contención de grandes bloques de pedra que poda arrastrar a auga no rego Sobral, e aumentarase da sección hidráulica de dúas pontes no río Viladesuso para evitar que a auga se embalse neles ante unha crecida do río.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: