ECONOMÍA E INDUSTRIA ACHEGA OS DIAGNÓSTICOS E OS SERVIZOS AVANZADOS DE COMPETITIVIDADE DO PROGRAMA RE-ACCIONA ÁS PEMES DE VIGO

  • A área portuaria de Bouzas acollerá este mércores unha xornada técnica que se desenvolverá en colaboración coa Zona Franca
  • Preto dun cento de empresas están a beneficiarse xa do programa, que ofrece unha nova convocatoria aberta ata o 26 de outubro

 

Vigo, 20 de outubro de 2012.- A Consellería de Economía e Industria achega ás pemes da área de Vigo as vantaxes e posibilidades asociadas aos diagnósticos e aos servizos avanzados que ofrece o Igape mediante o programa ReAcciona. Nunha xornada técnica promovida polo Instituto en colaboración coa Zona Franca de Vigo, que se desenvolverá o próximo mércores, día 24, na área portuaria de Bouzas e desde as 9,30h., responsables do Igape informarán sobre as vantaxes competitivas dos servizos achegados a través do ReAcciona.

 

Tamén participarán neste encontro informativo expertos das empresas seleccionadas polo Igape para facilitar a implantación dos servizos avanzados nas pemes solicitantes, así como representantes dunha das empresas beneficiarias do ReAcciona, que explicarán a súa experiencia co programa impulsado pola Xunta.

 

O Igape acaba de abrir unha nova convocatoria coa oferta de máis de 300 diagnósticos integrais e servizos avanzados para a mellora da competitividade das pemes galegas ao amparo do programa ReAcciona. O prazo para a presentación de solicitudes, a través da web do Instituto, está aberto ata o próximo 26 de Outubro.

 

En resposta ás solicitudes presentadas á primeira convocatoria do ReAcciona, na actualidade a Consellería de Economía e Industria está a coordinar, a través do Igape, a implantación de servizos avanzados de mellora da competitividade en case un cento de pemes galegas. Por outra banda, están feitos ou en desenvolvemento medio cento de diagnósticos de competitividade gratuítos para as pemes que os solicitaron.

 

O programa ReAcciona está destinado a procurar a mellora integral da competitividade das pequenas e medias empresas radicadas en Galicia. Entre os seus obxectivos está o de facilitar ao tecido empresarial galego o acceso a servizos de alto valor engadido orientados á achegar novas competencias e habilidades de valor para o capital humano das empresas.

 

A primeira fase do programa ReAcciona facilita ás pemes que os precisen diagnósticos gratuítos de competitividade, co fin de detectar e localizar as súas necesidades reais de mellora e orientalas logo cara aos servizos que poidan resultarlles de maior utilidade. A implantación de servizos avanzados nas empresas realizarase mediante un proceso para o que o Igape conta coa colaboración de empresas especializadas e coa participación de bolseiros que se especializarán ao tempo que colaboran coas consultoras e nas empresas solicitantes dos servizos.

 

Entre os servizos avanzados no ámbito de actuación do ReAcciona están os destinados a facilitar a redefinición de negocio, o desenvolvemento de plans de acción, proxectos de futuro e plans de mellora; a mellora da comunicación empresarial, a mellora da xestión e profesionalización dos procesos produtivos, o relanzamento comercial, a optimización financeira, ou a elaboración de plans e protocolos da empresa familiar. Para acceder a máis información ou formalizar a inscrición, as empresas interesadas poden visitar a páxina web: www.igape.es/reacciona, ou  chamar  ao teléfono 902 300 903.

 

No seu conxunto, o Programa ReAcciona prevé realizar, en dous anos, máis de 2.200 diagnósticos gratuítos de internacionalización e competitividade e servizos avanzados de mellora competitiva, co obxectivo de facilitar a profesionalización e a mellora na xestión das pemes galegas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: