PORTOS DE GALICIA COMEZA A INSTALACIÓN DE VIDEOCÁMARAS NOS PEIRAOS DE CANGAS, CORME, TRAGOVE E VILANOVA DE AROUSA

Esta é a primeira actuación enmarcada no dispositivo global de reforzo da seguridade nas dársenas mediantes gravación, no que o ente público inviste máis de 500.000 €

  • O sistema de videovixilancia extenderase nas vindeiras semanas a outros puntos do litoral galego

Santiago, 23 de outubro de 2012.-  Portos de Galicia vén de iniciar hoxe a instalación de cámaras de videovixilancia nos peiraos de Cangas, Corme (Ponteceso), Tragove (Cambados) e Vilanova de Arousa. O ente público desenvolverá deste xeito a primeira actuación enmarcada no dispositivo global de reforzo da seguridade nas dársenas mediante gravación, no que está a investir máis de medio millón de euros.

Os traballos de instalación dos aparatos continuarán de xeito paulatino nas vindeiras semanas, ata completar a ubicación das cámaras en todos os portos incluídos nesta primeira fase do proxecto. Así, dotarase de videovixilancia tamén e a Brens (Cee), Canido, Cariño, Ribeira, Sada, Foz, Freixo (Serra de Outes), Ribadeo, Testal (Noia), Celeiro (Viveiro), Pobra do Caramiñal, Vilaxoán (Vilagarcía), Rianxo, O Xufre (A Illa de Arousa) e posteriormente, O Grove, Ortigueira, Porto do Son, Bueu e Ares.

Esta primeira fase de actuación dá cumprimento ao compromiso de Portos de Galicia de  implantar con carácter xeralizado un sistema de seguridade a través de videovixilancia, cuxa tramitación conleva unha alta complexidade. O ente público leva meses elaborando este dispositivo, considerado como actuación de carácter prioritario, que se instalará de xeito paulatino en portos de todo o litoral galego.

Nas pasadas semanas contratouse o servizo de control centralizado das gravacións, o último requisito necesario para a inmediata posta en marcha do sistema. A responsabilidade do control das gravacións asúmea o organismo portuario dado que é a Administración pública a que ten competencia neste sentido en non outros colectivos do sector. Para elo, téñense tramitado todos os permisos necesarios en virtude da normativa de protección de datos.

O ámbito de cobertura do plan xenérico irase determinando de xeito progresivo en diferentes fases e abarca portos das tres provincias costeiras con arreglo ás súas características, magnitudes de actividade e necesidades. Nesta primeira fase primaránse os portos de máis destacada actividade dos xestionados pola Administración autonómica.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: