Concello de Vigo

O alcalde estima que 75.000 vigueses beneficiaranse das exencións e bonificacións fiscais do Concello Despois da Comisión Informativa das Ordenanzas Fiscais para 2013 celebrada este mércores, Abel Caballero anunciou que o Concello non aplicará o IPC -e por tanto conxela nominalmente- a tarifa municipal da auga, cun aforro de 800.000 euros para a cidadanía viguesa. O alcalde adiantou que o goberno local fará o mesmo co autobús urbano.

O alcalde reitera a petición da FEMP dun tratamento orzamentario distinto para concellos “ben xestionados” O alcalde e vicepresidente da Femp, Abel Caballero, avanzou esta mañá que o PSOE e EU avalan as enmendas aos orzamentos xerais do Estado de 2013 e que o voceiro do PP lles “transmitiu boas sensacións”. Nunha comparecencia cos medios, o rexedor explicou que a enmenda de que non se apliquen as medidas de restricción orzamentaria a o todos os concellos por igual foi a que concitou maior consenso no apoio.

O Auditorio Mar de Vigo acolle as XIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas O vindeiro sábado 27 de outubro o auditorio Mar de Vigo acollerá a final das XIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas, organizadas pola asociación Interfolk, coa colaboración do Concello de Vigo. Tal e como explicou a concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, resaltou o compromiso municipal para seguir apoiando a cultura tradicional.

Vigo, sede dunha reunión europea para identificar boas prácticas na mobilidade sostible O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, participou este mércores na reunión do comité directivo do proxecto europeo SUM, formado por 14 entidades de 9 países, que continuará mañá co primeiro dos tres obradoiros temáticos que prevé a iniciativa. O Concello lidera este proxecto europeo, cun orzamento de 1,7 millóns.

O Concello acolle unhas xornadas técnicas sobre eficiencia e aforro enerxético no alumeado público O concelleiro de Fomento, David Regades, inaugurou este mércores as Xornadas Técnicas Galegas de Iluminación no Auditorio Municipal, onde 175 expertos analizan ata mañá novas fórmulas de eficiencia enerxética. A cita está organizada polo Concello de Vigo, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia e FAIMEVI.

Accións formativas da Concellería de Medio Ambiente A Concellería de Medio Ambiente inicia este sábado 27 de outubro o seu plan de formación de outono. As accións previstas son cursos básico de hortas urbanas, cursos de iniciación ao voluntariado medioambiental e cursos específicos de voluntariado en Vigozoo.O proceso de inscrición terá lugar entre o luns e o xoves previo a cada actividade por vía do 010. Terán prioridade os cidadáns empadroados en Vigo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: