FESTA VECIÑAL 2012, Veciñanza en Movemento!

  •   O movemento veciñal celebra o vindeiro domingo 28 a súa reunión anual en San Miguel de Oia.

O vindeiro domingo día 28 de outubro celebrarase a Festa do Movemento Veciñal coma todos os anos, tendo esta edición como lugar de celebración o local social da A.V.S.C.D. De San Miguel de Oia (Camiño Currás, 34).

FESTA VECIÑAL 2012 consistirá na realización dunha xornada de encontro e confraternidade entre as persoas que actúan dalgún xeito no movemento veciñal, aberto a participación a toda a cidadanía de Vigo. Intervirán distintas agrupacións, máis de 250 músicos, e actividades que se desenvolven nas diferentes asociacións veciñais, como exemplo da cantidade de actividades que se realizan ao longo de todo o ano.

A Festa Veciñal comezará ás 11 da mañá e durará todo día até polo menos as 20:00, podedes ver a programación ao final desta nova.

Na Festa Veciñal farase un xantar de confraternidade que pagará cada comensal o prezo do seu prato, polo que as persoas asociadas terá que  pagar o prezo do xantar na asociación veciñal do seu barrio ou parroquia para asistires o domingo, con prezos reducidos para as nenas e nenos. Todas as demais actividades son de balde e abertas ao público.

A Festa Veciñal contará cun acto de achega simbólica a un membro de Cáritas da cantidade de kilos de alimentos recollidos nas distintas asociacións veciñais da cidade, que despois se fará efectiva pola recollida destes alimentos nos locais de cada asociación, dentro da campaña desenvolta nas últimas semanas polo movemento veciñal para apoiar as persoas máis desfavorecidas pola situación de crise.

A Festa Veciñal é posíbel tamén grazas ao co-financiamento da organización por parte da Exma. Deputación de Pontevedra:

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: