O BNG acada o respaldo do PP e PSOE para aprobar as emendas nacionalistas ás taxas municipais de 2013

 Vigo, 24 de outubro de 2012.-O portavoz municipal do BNG destacou este martes que o Bloque conseguiu “forzar o acordo co PSOE e o PP para aprobar por unanimidade” as emendas ás taxas municipais presentadas polo goberno local. Segundo afirmou Santi Domínguez tras a xunta de voceiros, a probación das emendas nacionalistas suporán a conxelación da tarifa da auga, a redución nun 10% da tarifa as actividades económicas que viron aumentado o IVE do 8 ao 21% e a inclusión de dous novos colectivos desfavorecidos na redución por renda, como son persoas desempregadas de longa duración e persoas dependentes.

“Grazas ao traballo do BNG os vigueses e as viguesas tampouco terán que pagar nin un céntimo máis polo transporte público urbano para 2013, tal e como se comprometeu o alcalde” destacou o nacionalista, para quen estes logro son unha mostra palpable de que o Bloque “traballa en defensa dos intereses da cidadanía e en especial das persoas que máis o precisan”.

Santi Domínguez sinalou que para o Bloque é imprescindible a elaboración dun estudo para a tarificación do recibo da auga en base ao consumo. “Pero mentres este estudo non estea rematado e non se aprobe o novo sistema de tarificación, queremos que non se aplique a suba do IPC e así o trasladamos na xuntanza”, engadiu ao respecto.

Por outro lado, para o portavoz municipal do BNG a aprobación do aumento do 2% nos mínimos exentos de ingresos representa “un paso máis no noso traballo de paliar as consecuencias da crise nas familias viguesas”.

A respecto da taxa do lixo tamén salientou a importancia da aprobación das emendas nacionalistas. “Ao conseguir a redución do 10% da tarifa aos establecementos que viron incrementado o tipo de IVE do 8% ao 21%, como cines, droguerías, florerías, papelarías, perruquerías, ximnasios e clínicas veterinarias, estamos potenciando a actividade económica na  nosa cidade”, afirmou.

Na situación de fonda crise económica pola que atravesa Vigo, Santi Domínguez considerou que a inclusión dos colectivos de desempregados de longa duración e dependentes nos supostos de coeficientes redutores de renda, “é de xustiza”. Ao seu xuízo “o goberno local non podía mirar para outro lado ante a situación desesperada de moitas familias, que vén como as decisións do goberno central e da Xunta os aboca á exclusión social”.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: