Ayuntamiento de Vigo

O goberno local deixa “vía libre” á apertura da aula da UNED no Casco Vello O alcalde, Abel Caballero, e o bispo da Diócese Tui-Vigo, Luis Quintero, asinaron hoxe xoves un anexo ao convenio de cesión de uso do inmoble da rúa San Vicente 3, de propiedade da igrexa, autorizando o seu uso para a aula da UNED de Vigo. Esta dotación educativa, financiada íntegramente polo Concello, ten xa “vía libre” para a súa apertura por parte da Universidade.

PSOE e BNG dan luz verde a unhas ordenanzas fiscais con bonificacións para 75.000 vigueses Os votos de socialistas e nacionalistas aprobaron no pleno extraordinario desta mañá as ordenanzas fiscais para 2013, que inclúen a conxelación nominal da taxa da auga. A concelleira de Facenda, Raquel Díaz, anunciou durante o debete a introducción de bonificacións que beneficiarán a 75.000 vigueses.

O Concello contrata a xestión das novas escolas infantís de Tomás Alonso e Casiano Martínez O alcalde anunciou hoxe xoves a adxudicación definitiva da xestión das novas escolas infantís municipais de Tomás Alonso e Casiano Martínez, que están xa en marcha con 144 prazas, case que un 50% máis das vacantes existentes en 2007. As obras do futuro centro de Mestres Goldar, con outras 100 prazas, están “moi avanzadas”, asegurou Abel Caballero.

O Concello renovará en 10 anos 7.282 puntos de luz para aforrar 150.000 euros anuais O alcalde de Vigo anunciou a entrada en vigor da nova ordenanza municipal de iluminación exterior que suporá a sustitución, en dez anos, de 7.282 lámparas de mercurio por luces de vapor de sodio. O investimento será de ao redor de 2 millóns de euros, e o aforro estímase en 150.000 euros anuais.

Ciclo de conferencias “Laxeiro e Os Renovadores da vangarda histórica galega” A Fundación Laxeiro, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, organiza un ciclo de conferencias que revisará a vangarda histórica galega no contexto histórico nacional e internacional no que xurdiron.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: