CURTOPÍA // VOLVE CURTOPÍA, O 27 E 28 DE OUTUBRO NO ALGA LAB DE VALADARES – Vigo

Volve CURTOPÍA, o festival de curtas vigués que xa celebrou o 2010 a súa primeira edición. Nesta ocasión terá lugar no alga lab de Valadares os días 27 e 28 de outubro.

TODA A INFORMACIÓN DE CURTOPÍA AQUÍ

O sábado:
Abrimos o festival co ciclo Raias Traveseiras, adicado as migracións modernas, e con  Kaloack, unha curta documental feita polas viguesas Area Erina e Miriam do Roxo sobre a vila máis contaminada do Senegal.
Forte presenza dos novo talento do audiovisual galego na mostra Novos Realizadores. Destaca a estrea de Manuela, curtametraxe do vigués Julian Maguna sobre a relación dunha nai e a sua filla.
A noite do sábado, ao redor das 23h., poderemos asistir ao pase previo dos 6 primeiros minutos do documental biográfico de Celso Emilio Ferreiro, 100% CEF. Un documental no que os ritmos do Hip Hop acompañan á obra do poeta de Celanova amosando a contemporaneidade da súa voz e debuxando a súa pegada na historia. Luis Tosar interpreta a un Celso Emilio omnipresente ao longo do documental. Dirixido por Aser Álvarez. Asistiremos tamén á estrea das primerias imaxes de Dos soños antes do cinematógrafo, documental do vigués Alexandre Cancelo que percorre a vida do enigmático Xosé Freixeira.
Gran parte da programación de Curtopía céntrase nas obras dos novos creadores galegos. Asomarémonos ás obras de realizadores novos e con moita experiencia como Olaia Sendón, Marcos Nine ou Jorge Deus.
Música
O grupo vigués Ke Percusión estará no festival Curtopía por partida dobre, o sábado pola noite ofrecendo un espectáculo onde calquera obxecto pode ser utilizado para música, e tamén ofrecerán un obradoiro onde amosarán como construír un instrumento de percusión con material reciclado. Ao igual que o resto de actividades, todo será de balde. O cartaz de concertos complétase con outras dúas bandas viguesas: “23RedAnts” e “Dreams of Dolly Sheep”.
O Domingo:
Enrique Rodríguez Baixeras
Pioneiro do cinema feito en Galicia. No ano 1974 a súa película “o documento” foi secuestrada polas autoridades co único delito de que as súas personaxes falaban en galego. Anos máis tarde, a cinta se rescatou do esquecemento dun almacén onde a cinta permanecia secuestrada. Enrique R. Baixeras virá a Vigo a proxectar a súa película, na que será unha das primeiras proxeccións tralo secuestro.
Ademáis, o Curtopía será o punto de partida para a rodaxe dun documental no que se tratará o cine do tardofranquismo e a creación audiovisual en galego e que xirará ao redor da figura de Enrique R. Baixeras e o grupo de artistas no que se integraba nos 70. O documental será producido pola Asociación Abarlovento en colaboración con a*sombra producións.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: