O Consello de Administración de Novacaixagalicia nomea copresidente a José García Costas

  A caixa galega continúa cos trámites para se converter en fundación

25.10.2012. O Consello de Administración de Novacaixagalicia, reunido esta tarde en Vigo, acordou nomear copresidente da entidade a José García Costas, quen exercerá o cargo con José Manuel Carballedo, que ocupa a presidencia de quenda, durante o período de transición ata a conversión da caixa en fundación de carácter especial. García Costas é presidente de Barreras e presidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo.

Os conselleiros de Novacaixagalicia ratificaron, así mesmo, na súa xuntanza de hoxe, a fusión das fundacións procedentes das dúas entidades de orixe nunha única. A Fundación Novacaixagalicia, con domicilio social na rúa do Vilar, 19, en Santiago de Compostela, constituirase con data de 1 de novembro. O seu padroado estará presidido por José Manuel Carballedo, e José García Costas será o seu vicepresidente. O xerente de Novacaixagalicia, Pedro Otero Espinar, será o secretario, e Gonzalo Ortiz, conselleiro da entidade, exercerá como vocal.

Así mesmo, o Consello de Administración da caixa continúa cos trámites para transformarse, canto antes e dentro do marco normativo, nunha fundación de carácter especial. A folla de ruta, na que se presta unha atención especial ao camiño seguido ata agora por outras caixas españolas, ten como obxectivo contar no futuro cunha estrutura máis lixeira e especializada que permita á fundación nacida de Novacaixagalicia desenvolver a obra social conforme aos plans de futuro fixados no Plan Estratéxico para o período 2012-2016.

Investimento social e cultural

Os conselleiros de Novacaixagalicia aprobaron tamén na súa reunión de hoxe o balance do investimento social e cultural realizado nos nove primeiros meses do ano, que inclúe un gasto de 33 millóns de euros, o que supón o 75 por cento do orzamento aprobado para o 2012 e cumpre así os obxectivos marcados para este exercicio.

Dentro das colaboracións con distintos colectivos, asociacións e institucións, na sesión ordinaria de hoxe aprobáronse axudas por un importe de 71.000 €. Todas elas enmárcanse dentro do plan estratéxico deseñado por Novacaixagalicia para o período 2012-2016, que prevé manter o investimento social e cultural de xeito significativo co obxectivo fundamental de contribuír ao desenvolvemento socioeconómico de Galicia, cunha valoración prioritaria da cohesión social e ofrecer así unha resposta aos problemas xerados pola crise. O documento concentra o groso do seu investimento social na atención ás necesidades dos colectivos máis vulnerables, na xeración de riqueza e emprego, na atención aos maiores, nas actividades formativas e na difusión cultural en Galicia.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: