MEDIO AMBIENTE MOBILIZOU NA LEXISLATUR​A QUE REMATA MAIS DE 2.000 MILLÓNS DE EUROS DE INVESTIMEN​TOS, DOS QUE O 90% EXECUTÁRON​OS EMPRESAS GALEGAS

 

  • O titular de Medio Ambiente salientou a importancia das empresas de obras públicas e das relacionadas coa escavación dentro do desenvolvemento da comunidade galega
  • Hernández indicou que a lexislatura que agora remata destacou pola súa responsabilidade económica e respeto  ás empresas coas que traballa

O Porriño, 29 de outubro de 2012.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en funcións, Agustín Hernández, destacou hoxe que o seu departamento asinou preto de 1.000 contratos con empresas durante a lexislatura que está a piques de rematar. Estes contratos supuxeron un volume de contratación de máis de 2.000 millóns de euros, o 88% asignado a empresas galegas.

Hernández realizou este balance hoxe no Porriño durante a reunión que mantivo coa Asociación de Escavadores e Transportistas (ASEXTRA) de Pontevedra, na que tamén estiveron os alcaldes de Porriño, Mos e Oia. Cabe lembrar que esta asociación alberga máis de 50 empresas socias colaboradoras que dan emprego a máis de 650 persoas.

O titular de Medio Ambiente explicou que no caso concreto das empresas representadas na citada asociación, a consellería promoveu, a través das obras públicas contratadas neste tempo, o movemento de máis de 69 millóns de metros cúbicos de terras.

Estas cifras xustifican a importancia das empresas de obras públicas e das relacionadas coa escavación dentro do desenvolvemento da comunidade galega, no senso de que a Xunta busque formas de protección ás empresas subcontratistas.

Rigor coas empresas

Agustín Hernández indicou que a lexislatura autonómica que agora remata destacou, entre outras cousas, pola súa responsabilidade económica e absoluto respeto  ás empresas coas que traballa, directa e indirectamente. O Goberno galego mantivo o rigor nos contratos coas empresas, xa que sempre apostou por aqueles compromisos que puidera atender adecuadamente tanto a nivel técnico como financeiro. A relación entre unha Administración e unha empresa contratista está regulada pola Lei de Contratos do Sector Público, de ámbito estatal sobre a que nin o Parlamento Galego nin a Xunta de Galicia teñen competencias. En calquera caso, dende o Goberno galego analizaranse as medidas que se poidan ir levando a cabo de cara a protexer a todas as persoas e entidades implicadas na execución da obra pública.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: