Samaín en Vigo
- O programa Movevigo leva a música folk ao barrio de Navia para festexar o Samaín.
En Navia, na Asociación Veciñal de Navia o mércores 31 pola tarde haberá distintas actividades: comezando ás 18:00 horas cun obradoiro de cabazos que cada neno traerá da súa casa os seus cabazos para iluminar por dentro con veas. Haberá un magosto popular e gratuíto para tódolos veciños que se acheguen a alameda Emilio Crespo. Daranse veas para ires colocando as cabazas alumeadas por toda a zona do Torreiro. Se chove farase no Centro Cultural . Ademais as actuacións do grupo de Teatro e Pandeiretas de Navia e o grupo Tarxa pertencente a Asociación Veciñal Monte da Mina de Castrelos dentro do programa Movevigo de intercambio de grupos. En Saiáns, na Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Saiáns este sábado día 3 de novembro ás 18 horas onde haberá: concurso de disfraces para nenos/as e maiores, xogos e pasatempos, photocall terrorífico, chucharías, etc. Na Asociación Veciñal Camiño Vello de Coia, o venres 26 foron os máis madrugadores festexando o Samaín cunha tarde de actividades dirixiuse a nenos/as con discapacidades auditivas aínda que fomentando a integración a actividade estivo aberta a tódolos/as usuarios/as. As actividades que se levaron a cabo foron: Xogos populares, Obradoiros de: cabazas, manualidades (sombreiros de araña, arañas e fantasma de lá); elaboración de bolachas fantasmagóricas. E tamén un contacontos con lingua de signos. Contou cun gran número de asistentes.