A DEPUTACIÓN DESTINA 239.979,64 EUROS Á CONSTRUCIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPEDE ARTIFICIAL DE SANTA MARIÑA EN REDONDELA
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acordou hoxe aprobar o Convenio de Colaboración entre a institución provincial e o Concello de Redondela para levar a cabo o investimento “Infraestrutura básica necesaria para a posterior instalación de herba sintética no complexo deportivo de Santa Mariña en Redondela”.
O investimento necesario para a realización das mencionadas obras serán financiados pola Deputación de Pontevedra por un importe de 239.979,64 euros e polo Concello cunha cantidade similar.
O actual campo do Choco xa fora remodelado pola Deputación fai dez anos. Agora, nunha primeira fase, construiránse dous campos de fútbol 11 e catro de fútbol 7 e, nunha segunda, construiránse gradarios, vestiarios e outras dependencias.
O Concello de Redondela é titular das instalacións deportivas de Santa Mariña que presentan unha serie de deficiencias que impiden a súa utilización de xeito normal, necesitando unha profunda remodelación, tanto no terreo de xogo como nos elementos complementarios.