A XUNTA REGULA A ACTIVIDADE DOS FURANCHOS NUN DECRETO QUE PRESERVA UNHA TRADICIÓN RURAL DE GALICIA AO TEMPO QUE EVITA A COMPETENCIA DESLEAL E PROTEXE OS DEREITOS DOS CONSUMIDORES

  O presidente en funcións do Goberno galego resalta que a norma é “o resumo de moitas horas de traballo, de moitas xuntanzas co sector dos furanchos e co sector da hostalería” e reúne os grandes puntos de acordo entre as partes

  • Alberto Núñez Feijóo destaca que o texto “dota dunha normativa clara aos establecementos tradicionais de Galicia” e establece “un panorama máis claro” sobre as condicións que deben cumprir a todos os niveis
  • Lembra que a base dos furanchos é a venda do excedente da colleita de viño, polo que os seus propietarios deberán cumprir con todas as declaracións propias do sector vitivinícola de Galicia
  • O decreto establece que o viño non poderá ser embotellado, deberá proceder directamente do barril, e poderá ofertarse un máximo de cinco tapas por establecemento
  • Os furanchos poderán abrir, como moito,  tres meses entre o 1 de decembro e o 30 de xuño e deberán cumprir con toda a normativa hixiénica e sanitaria en vigor
  • Os concellos deberán crear un rexistro de furanchos e velar polo cumprimento dos requisitos do decreto

Santiago, 31 de outubro de 2012.- O presidente en funcións do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou a aprobación hoxe polo Consello da xunta da norma reguladora dos furanchos, un decreto que responde, dixo, a un triple obxectivo: “preservar unha tradición rural en Galicia, regular a súa actividade para evitar problemas de competencia desleal co sector da hostalería e protexer os dereitos dos consumidores”.

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Executivo autonómico, Feijóo remarcou que este decreto é “o resumo de moitas horas de traballo, de moitas xuntanzas co sector dos furanchos e co sector da hostalería”, e reúne “os grandes puntos de acordo entre os dous sectores”. Trátase, engadiu, dun texto que dota “dunha normativa concreta aos establecementos tradicionais de Galicia que cómpre preservar porque forman parte da nosa idiosincrasia”, ao tempo que establece “un panorama máis claro sobre as condicións nas que se pode manter a actividade dos furanchos a todos os niveis”. A este respecto manifestou o seu agradecemento ao “traballo e achegas” do sector dos furancheiros durante a elaboración do decreto, e ao sector da da hostalería pola súa “flexibilidade”.

O presidente galego en funcións lembrou que a base dos furanchos é a venda dos excedentes da produción de viño, polo que, para poder iniciar a temporada de funcionamento, estes establecementos “deberán ter feitas as declaracións obrigatorias para o sector vitivinícola”. Ademais, deberán ter regulada a totalidade do seu viñedo no rexistro vitivinícola de Galicia e estarán obrigados a presentar unha declaración responsable do cumprimento de todos os requisitos que será obxecto dunha comprobación posterior por parte do Concello no que resida o furancheiro.

Viño do barril e un máximo de cinco tapas

En relación coa oferta alimenticia, Alberto Núñez Feijóo detallou que, conforme á regulación aprobada, o viño que se sirva nos furanchos “non poderá ser embotellado”, e deberá proceder “directamente do barril da colleita do furancheiro”. Ademais, apuntou que poderá  ofertarse “un máximo de cinco tapas” dun “conxunto gastronómico interesante”.

 

O mandatario en funcións da Xunta subliñou, así mesmo,  que o tempo de apertura dos furanchos deberá estar comprendido entre o 1 de decembro e o 30 de xuño, pero “en ningún caso poderá ser superior a tres meses”.

 

Cumprimento de normas de hixiene vixentes

Na súa intervención, Feijóo remarcou que os furanchos deberán observar o cumprimento da normativa vixentehixiene para elaboración e distribución de comidas preparadas, así como sobre prevención, protección contra incendios e medidas sanitarias fronte ao contra o tabaquismo no seu establecemento. “E deberán ter a disposición dos clientes follas de reclamación, emitir xustificantes de pago que detallen os prezos, exhibir nun lugar visible o ramallo de loureiro e ter contratada unha póliza de seguro de responsabilidade civil”, engadiu.

 

Por último, o presidente en funcións da Xunta resaltou a “relevancia” que o decreto dos furanchos outorga ás administracións locais. Nese sentido, salientou que cada concello deberá elaborar un “rexistro de furanchos” para a inscrición de todos os establecementos deste tipo que funcionen no seu territorio e deberá dar conta do mesmo ás autoridades sanitarias, ás de turismo e ás do medio rural, así como “vixiar a garantía e o debido cumprimento das normas que este decreto establece”.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: