BNG de Vigo

  Domínguez: “Hoxe quedou claro que nin PP nin PSOE apostan pola chegada do AVE a Vigo no máis breve tempo posible”

Vigo, 31 de outubro de 2012.-O portavoz municipal do BNG criticou este mércores que “nin PP nin PSOE apostan pola chegada do AVE a Vigo no máis breve tempo posible”. Asegurouno Santi Domínguez despois de que o PP presentara como urxente unha moción na que solicitaba o respaldo da corporación para apoiar os investimentos previstos polo ministerio de Fomento nos Orzamentos Xerais do Estado para a chegada do AVE a Galiza e que rexeitara unha emenda do BNG a esta proposta.

O nacionalista subliñou que o BNG non votaría a favor da urxencia da moción, posto que rexeita a utilización do Concello de Vigo “como plataforma propagandística do goberno”. Para Santi Domínguez, a moción dos populares “é un descaro que o pleno diga que estamos de acordo coas políticas do goberno central”.

O portavoz municipal do BNG destacou que a moción do PP é un claro exemplo de manipulación, xa que nela “non fala do futuro do AVE”, senón que pide que esteamos de acordo cos investimentos do Ministerio de Fomento. “Pero non estamos de acordo, igual que non estivemos de acordo o ano pasado”, manifestou ao respecto, quen lembrou que a deputada nacionalista Olaia Fernández Davila xa o ano pasado advertiu que a partida contemplada nos OXE 2012 quedaría sen executar.

“É lamentable a súa actitude, porque vostede minte e manipula, xa que nesta moción non se fala do futuro do AVE”, dixo Santi Domínguez en resposta á intervención do portavoz do PP, quen criticou a actitude do BNG a respecto desta moción.

O BNG respalda no pleno a dación en pago para ás familias afectadas polos desafiuzamentos

Vigo, 31 de outubro de 2012.- O grupo municipal do BNG expresou seu apoio a diferentes mocións presentadas polos grupos con representación municipal. Entre elas destaca a aprobación da iniciativa presentada polo PSOE sobre a modificación da Lei Hipotecaria e a Lei de Enxuizamento Civil, que propiciou a suspensión do pleno o pasado luns e que foi reanudado hoxe, e que hoxe non contou co respaldo dos populares. Na súa intervención, o concelleiro Xabier Alonso destacou que o BNG sempre defendeu “solucións aos problemas das persoas”, como a dación en pago e a moratoria no pagamento da débeda.

“O PP goberna para a banca aínda teña que sacrificar ás persoas”, criticou o edil nacionalista tras repasar as diferentes iniciativas levadas a cabo polo Bloque Nacionalista Galego nas institucións nas que participa. Lembrou que en febreiro de 2011 reclamou no Parlamento galego a modificación da Lei Hipotecaria, que foi aprobada por unanimidade. Igualmente foi aprobada unha moción neste sentido defendida no Concello de Vigo en abril do ano pasado.

Xabier Alonso tamén puxo de manifesto as contradicións do PSOE, ao lembrar o voto contrario a unha proposición non de lei presentada polo BNG en xuño de 2011, a respecto da cal a portavoz socialista nese momento manifestou que “non se podían cambiar as normas de xogo”. Tamén mencionou outra propoposición non de lei, esta vez presentada no Congreso dos Deputados en marzo deste ano, á que o PP votou en contra, así como unha proposta no Parlamento galego presentada en maio deste ano. “Mentres o PP condona 21.000 millóns á banca, sacrifica ao pobo. No BNG, por coherencia, sempre estaremos ao lado do pobo e contra a especulación”, asegurou o concelleiro.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: