BRAVO BOSCH LOUBA O TRABALLO FORMATIVO QUE FEAFES REALIZA PARA LOGRAR A INSERCIÓN LABORAL DOS SEUS USUARIOS E USUARIAS

  •    A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou esta mañá a sede que a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental ten na cidade.
  • A Consellería de Traballo e Benestar financia un proxecto de apoio formativo para lograr a inserción laboral de 15 persoas con enfermidade mental a través do II Plan Galego de Inclusión Social.

Vigo, 31 de outubro de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá a sede que a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental-Feafes ten na cidade olívica co obxectivo de coñecer os seus proxectos e o traballo que realizan diariamente.

Acompañada dos responsables da oficina en Vigo, Isabel Seguín, Manuel Juncal e Patricia Rodríguez, a representante da Administración autonómica na cidade coñeceu de primeira man a actividade e a labor que desenvolven ao servizo da sociedade co obxectivo fundamental de contribuír á mellora da calidade e condicións de vida das persoas con enfermidade mental, axudándolles así a conseguir os seus maiores obxectivos e retos na súa vida autónoma e independente.

En declaracións aos medios de comunicación, unha das actividades que resaltou Bravo Bosch foi o programa OEDEM (Observatorio de Emprego das Persoas con Discapacidade Mental), que conta co apoio da Consellería de Traballo e Benestar, e ten coma fin facilitar a inserción laboral a través de accións de información, cursos de formación, prospección e intermediación laboral con empresas.

Neste senso, loubou o traballo formativo que realiza Feafes co obxetivo final de lograr a inserción laboral dos seus usuarios e usuarias. Así, explicou que a través do II Plan de Inclusión Social da Secretaría Xeral de Política Social –financiado tamén polo departamento de Traballo e Benestar no marco do FSE- a federación comezou un novo proxecto de apoio formativo destinado a 15 persoas con enfermidade mental que se atopan en situación de desemprego. O obxectivo, coma dixo, é “facilitar a inserción laboral, conseguir un maior nivel de formación e mellorar a súa integración social”. “É un magnífico proxecto de emprego”, continuou a delegada, quen insistiu en que a Xunta de Galicia non deixará de lado as políticas sociais pese a situación de crise económica.

Feafes Galicia

Feafes Galiciacréase en 1995, e xorde como foro de encontro, debate, reflexión e acción, que permite avanzar no proceso de normalización da enfermidade mental en Galicia. Está integrada por 14 asociacións, repartidas por toda a comunidade galega en 28 concellos, e representa a máis de 2.800 socios. As asociación integradas en Feafes na provincia de Pontevedra son: Lar (Vilagarcía de Arousa); Alba (Pontevedra); Lenda (Redondela); Doa (Vigo e Cangas); Avelaíña (Gondomar); e Morea (Lalín).

 

Presta os servizos de información e asesoramento; programas de rehabilitación psicosocial e laboral; atención domiciliaria; respiro familiar; dispositivos residenciais; inserción sociolaboral; atención a enfermos recluidos en centros penitenciários; captación e formación de voluntariado social e, por último, divulgación e sensibilización social.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: