SALCEDA REFORMARÁ O AUDITORIO MUNICIPAL

Melloraranse os sistemas de seguridade e a accesibilidade para discapacitados

    O Concello de Salceda de Caselas, ao traverso da Concellaría de Cultura que dirixe Teresa Pérez, vai levar a cabo obras de reforma no Auditorio Municipal. Fundamentalmente trátase de adaptar o edificio ás normas de seguridade. Para iso abrirase unha nova porta de emerxencia dende o salón de actos que dará directamente ao exterior do edificio, sen pasar polos corredores, posibilitando así unha máis rápida evacuación en caso de incendio ou de calquera outro incidente. Ademais vaise proceder ao cambio de tódalas barandillas existentes tanto no hall como na rampla de acceso ao edificio, pois estas tampouco cumpren a normativa de seguridade ao ser “escalables”, supoñendo así un perigo fundamentalmente para os cativos que se divirten subíndose a elas. Na obra primarase a reciclaxe de elementos, e así arquitecto e constructor traballan xa na reutilización dos materiais da barandilla para a construcción dunha nova que si cumpra coas normas de seguridade.

Por outra banda vaise proceder tamén á habilitación de espazo para dúas cadeiras de rodas dentro do salón de actos, facilitando así a accesibilidade de discapacitados a calquera espectáculo programado no Auditorio Municipal.

As obras contan con un orzamento de 27.854,34 €, que se asumirán con fondos propios, excepto 6.664,15 € que serán financiados pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia ao traverso dunha subvención para equipamento e mellora de instalacións e locais empregados para a realización de actividades culturais. A execución será inminente, e as obras levaranse a cabo durante o mes de novembro.

Na primeira reunión de hoxe estiveron presentes os arquitectos realizadores do proxecto, os encargados da empresa que executará a reforma e a Concelleira de Cultura Teresa Pérez. Na mesma quedou xa establecido o calendario de traballo de cada unha das partes implicadas.

Esta reforma enmárcase dentro dun proxecto máis amplo que inclúe outras remodelacións que se irán levando a cabo en vindeiras ocasións.

Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, destacou a importancia da reforma a levar a cabo porque “estamos a falar de medidas de seguridade para o cal todos os esforzos son necesarios. Preocúpanos a evacuación do salón de actos do Auditorio en caso de emerxencia, e con esta nova saída será moito máis fácil unha evacuación de emerxencia chegado o caso”. A Concelleira valora tamén moi positivamente a habilitación de espazos para cadeiras de rodas, algo do que carecía o Auditorio e que resulta fundamental para facilitar o acceso de todos e todas aos espectáculos e actos programados.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: