Xunta persoal servizos periféricos Estado de Pontevedra.

Vimos de coñecer a través dos medios de comunicación que a Universidade de Vigo asume a dirección técnica do Laboratorio de Referencia de Biotoxinas Mariñas, instalado hai un ano  no edificio CITEXVI no CUVI, a través da profesora de Química Analítica Ana Gago.

Segundo a información publicada, Secretaria Xeral de Sanidade e Consumo, Pilar Farjas, dá por culminada unha primeira fase na que se convirte o centro  “nun dos 44 de referencia que ten a Unión Europea e un dos 26 que xa ratificou o nivel de excelencia na última auditoría”. O encargo da dirección científica significa, tal e como manifestou Farjas, contar “co soporte de investigación, innovación e coñecemento da Universidade”.

Respecto a todo o dito, a Xunta de Persoal da Administración Periférica do Estado de Pontevedra ten coñecemento do seguinte:

Sobre o CITEXVI, cabe subliñar que o Estado ten que pagar uns 60.000 euros anuais en concepto de aluguer das instalacións en tanto o local no que se atopaba antes estaba cedido de xeito gratuíto.

A dirección técnica do Laboratorio está asumida desde o ano  2009 por Ana Gago (e con anterioridade por outro profesor universitario) a través dun contrato de servizos de  asesoría técnica e consultoría coa Universidade de Vigo. O contrato é anual por un importe algo superior os  60.000 euros . É dicir, que a “colaboración” que anuncian non é tal, pois hai un pago económico por un servizo prestado. O propio Salustiano Mato fala de “contratación”.

O Laboratorio do que falamos é Laboratorio Europeo de Referencia desde o ano 1993, cando o laboratorio estaba en instalacións do Porto de Vigo, e anos antes de que Ana Gago se fixera cargo da suposta coordinación que se menciona. Neste punto é importante destacar que con anterioridade a chegada de Ana Gago, e con apenas un puñado de empregados públicos, grazas a súa dedicada labor, do laboratorio saíron importantes traballos que situaron ao laboratorio vigués nun lugar destacado na investigación europea deste ámbito. Situación da que se viu claramente favorecida a actual dirección técnica do Laboratorio, Ana Gago, asumindo autorías de traballos dos que non formou parte.

Desde a chegada da profesora de Química a situación profesional dalgúns dos empregados alí destinados empeorou considerablemente ata o punto de que varios deles estiveron de baixa médica por ansiedade, e incluso solicitaron cambios de posto co obxecto de fuxir dunha situación laboral intolerable e insostible. Algúns dos feitos acontecidos son os seguintes:

Varios traballadores acudiron ao protocolo de acoso laboral do Ministerio de Sanidade denunciando prácticas lamentables contra eles, no intento desesperado de solucionar un problema agravado co paso dos meses. A dirección, unha vez máis, preferiu desoír as reclamacións e silenciar as súas denuncias nun evidente exercicio de cinismo, corporativismo e mala praxe, toda vez que  non atenden ao texto do propio protocolo: “No proceso de recompilación de información, que deberá desenvolverse coa máxima rapidez, confidencialidade, sixilo e participación de todos os implicados[…]”. Os protocolos de acoso foron desbotados sen falar cos denunciantes nin con todas as testemuñas do centro de traballo.

Catro dos sete  empregados/as públicos/as alí destinados (non se contan dous novos  traídos nos últimos meses dende Madrid) solicitan traslados de posto e segundo os casos denuncian hostigamento laboral, intimidación, relegación de funcións, rebaixa drástica do complemento de produtividade, desprestixio persoal e profesional, impedimentos no acceso á formación, trato vexatorio… Na actualidade e no pasado recente causaron baixa por ansiedade provocada pola situación laboral no laboratorio.

Ante o requerimento da Inspección de Traballo instando á oportuna avaliación de riscos psicosociais, a dirección da AESAN aproveita para realizala  estando de baixa algúns dos funcionarios denunciantes e contando con novos empregados/as que non coñecen nin viviron a situación anteriormente descrita.

A resposta da AESAN -organismo do que depende o laboratorio- e a do Ministerio de Sanidade ante os escritos de queixa e requerimentos de información da Xunta de persoal, é unha acusación velada contra a profesionalidade dos empregados/as públicos/as, e nalgún caso achacando as denuncias verquidas a aspiracións persoais que rexeitamos con contundencia

A Xunta de Persoal de Pontevedra, que representa os funcionarios na provincia, denuncia pois a política de acoso e derribo que están a sufrir a maioría dos traballadores/as destinados no laboratorio de referencia europeo polo único motivo de ter denunciado prácticas irregulares no seo das administracións públicas. Así pois, a dirección da AESAN (axencia estatal de quen depende o laboratorio), en lugar de investigar de xeito transparente e obxectivo prefire criminalizar os empregados/as que tentan denunciar feitos deostables a través das vías formais previstas, o que leva a esta Xunta de Persoal a facer pública a situación.

O Presidente

Manuel Ríos Cidrás

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: