Archive | noviembre 2012

Concello de Vigo

 


O alcalde define a apertura do Centro de Inclusión como «un grito de solidarieadade en Vigo»

O Centro de Inclusión Social abrirá as súas portas de xeito oficial mañá sábado, unha realidade, explicou o rexedor, posta en marcha nun momento económico «difícil» que evidencia que «esta cidade está empeñada en que todos vigueses teñan a diginidade que se merecen». Durante unha visita ás instalacións, apuntou que esta inauguración representa «un grito de solidariedade en Vigo», engadindo que «son os recursos mellor gastados, porque son para os que máis o precisan».

 

O Concello achega 136.000 euros á Federación de Veciños para a contratación de 21 persoas

Tras a celebración da Xunta de Goberno Local de hoxe venres, Abel Caballero explicou que o Concello aprobou o convenio coa Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao (FAVEC) no marco do Plan Municipal de Emprego. Ata o momento, o goberno de Vigo ten xa comprometida a creación de 249 empregos.

 


Caballero anuncia a aprobación no 2012 de 2,9 millóns para o Servizo de Axuda no Fogar

O alcalde informou este venres da aprobación na Xunta de Goberno Local dunha nova partida do Servizo de Axuda no Fogar, do que se benefician máis de 500 persoas dependentes ou en risco de exclusión social. Ata o momento, o Concello xa leva executados 2,5 millóns.

 

O Concello da luz verde ao desenvolvemento urbanístico de 140 vivendas en Tomás Alonso

Abel Caballero informou este venres do visto bo concedido por Urbanismo ao proxecto do ámbito de Esturáns, entre Tomás Alonso e a Praza da Industria, zona de 11.240 metros cadrados nas que se proxectan 140 vivendas, 57 de protección. O alcalde informou dunha nova sentencia favorable ao Concello sobre o PXOM.

 


O alcalde de Vigo apoia a loita do Grupo Imán no Día Mundial da Sida

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou no acto que hoxe venres organizou na Lonxa do Concello o Grupo Imán con motivo do día Mundial da Sida. Un ano máis, os membros deste colectivo, reúnenese para concienciar á sociedade da importancia de prevención na loita contra esta enfermidade.

 


O sábado nova edición de FEIRA no Casco Vello

Feira, o mercado de productos tradicionais galegos, volve o sábado 1 de decembro, na Praza da Pedra e as rúas Triunfo, Oliva e Palma, desde ás 12 horas ate ás 18.30h.

 


Nova exposición na sala da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

«O cadro colga da parede coma unha arma de caza ou un sombreiro» é a nova exposición que se pode visitar no Espazo EMAO do 30 de novembro de 2012 ate 18 de xaneiro de 2013. Trátase dun proxecto de Ania González coa colaboración de escoitar e Tayone.

 

Obradoiro de escrita creativa

 

Campaña «De Boa Man»

 

ITE das edificacións construídas entre 1970 e 1980

Ponse en coñecemento dos propietarios das edificacións construídas entre 1970 e 1980 que o 23 de novembro de 2012 se procedeu á publicación nos taboleiros de anuncios do Concello e da Xerencia Municipal de Urbanismo (Praza do Rei, s/n – Vigo), e na páxina web do Concello (http://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo4.php), da listaxe das referencias catastrais correspondentes ás edificacións das que non consta a presentación do informe de ITE durante o ano 2011.

 


Aprobación inicial do «Plan especial de protección, rehabilitación e reurbanización de espazos interiores no antigo grupo de vivendas de promoción pública nas rúas Bueu, Moaña, Vilagarcía

 

Bando co gallo das festas do Nadal

 

Peche da rúa Baixada a Samil ao tráfico

 

Peche da rúa Brasil ao tráfico

O PRESUPOSTO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O 2013 SERÁ DE 148,5 MILLÓNS E AMORTIZARÁ DÉBEDA POR VALOR DE 15

dipoutacionpoonteO presuposto da Deputación de Pontevedra para 2013 será de 148,5 millóns, un 2,7% menos que o ano pasado que foi de 152,4 millóns. O vicepresidente José Manuel Figueroa informou hoxe en rolda de prensa que a institución provincial non acudirá a préstamos polo que non haberá incremento de débeda senón que o obxectivo da Deputación é ter <débeda cero> no horizonte do 2018 <pois este ano de 2013 amortizamos 15 millóns da débeda que a deixamos en 77 millóns>, dixo.

Figueroa sinalou que as contas da Deputación para o 2013 prevén un Plan de Emprego, dotado con 6 millóns de euros, para dar traballo a entre 700 e 800 personas.

Destacou que no 2013 a Deputación de Pontevedra destina á inversión 50 millóns de euros e que a institución provincial ven pagando as facturas a 20 días.

En canto a presupostos por capítulos, afirmou que Deportes contará con 3,5 millóns; Servizos Sociais 4 millóns sen contar a Cidade Infantil Príncipe Felipe; e Cultura 4,1 millóns, <manteremos partidas lixeiramente incrementadas nestes capítulos respectos a anos anteriores>, asegurou. Según Figueroa, este ano poñeránse en marcha iniciativas novedosas nestes eidos como poden ser a formación de directivos de clubes en xestión deportiva, a formación de monitores e outras similares.

En canto á integración dos Organismos Autónomos suprimidos na Deputación, dixo que suporá un aforro de 1 millón de euros e sinalou que o capítulo de personal, con 700 traballadores, suporá un gasto de 4,2 millóns.

<Manteremos, pois, unha potente axuda aos concellos para inversións produtivas, manteremos o gasto social e reduciremos débeda en 15 millóns: somos unha institución solvente, inversora, que apoia os servizos Sociais e incrementa a axuda aos concellos ao tempo que amortiza débeda>, resumiu.

Os presupostos da Deputación para o 2013 serán inicialmente aprobados o vindeiro 5 de decembro e con carácter definitivo o 28 do mesmo mes para estar operativos o 1 de xaneiro de 2013.

 

BRAVO BOSCH MANTÉN UN PRIMEIRO ENCONTRO INSTITUCIONAL CON ÁNGEL GONZÁLEZ BLANCO, NOVO COMISARIO PRINCIPAL DA POLICÍA NACIONAL DE VIGO-REDONDELA

  • descarga (2)A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo destacou o traballo e a colaboración prestada polo CNP no entorno da zona antiga.
  • Ángel González Blanco ven de tomar posesión como novo Comisario Principal do CNP de Vigo-Redondela o pasado 9 de novembro en substitución de Guillermo Sánchez. Leer más…

PP de Vigo

descarga (1)

El PP exige la puesta en marcha de un “Plan Juvenil Municipal” con dotación suficiente en los presupuestos

  • El concejal del Grupo Municipal del Partido Popular, Alejandro Pérez denunció “la dejadez permanente del gobierno de esta ciudad hacia los jóvenes, a los cuales, a pesar de ser el futuro, no tiene en cuenta para nada”.
  • Los populares solicitan al alcalde la creación de una tarjeta de transporte “Vigo Joven”, para poder moverse por la ciudad de un modo más económico.
  • “Desde el año 2010 las partidas presupuestarias destinadas al ámbito de la juventud han descendido en casi un millón de euros. Es vergonzoso que el regidor vigués no se dé cuenta de la necesidad de involucrar a los jóvenes con la ciudad”, criticó Alejandro Pérez. Leer más…

ACTUACIÓN DE HENRY EN DETRÁS DO MARCO – vigo

descarga

ACTUACIÓN DE HENRY EN DETRÁS DO MARCO

COMUNICADO DE PRENSA Vitrasa

Vigo, 30 de novembro de 2012.- Vitrasa acudiu hoxe ao chamamento efectuado polo
mediador José María Casas de Ron, xefe da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade
Social, onde se lle entregou por escrito a citación para o inicio das xuntanzas da comisión de
negociación. Nese mesmo acto tamén se lle entregou dito documento ao presidente do
Comité de Empresa.
A ambas partes se lle comunicou o día e a hora da primeira reunión, que foi fixada para mañá
sábado 1 de decembro ás 10.00 horas na sede da Inspección Provincial de Traballo e
Seguridade Social (Avenida Cánovas del Castillo, 18 baixo).

Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo

Toda a maxia do circo no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo

O teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo acollerá durante os días 30 e 31 de xaneiro, ás 20:30 h, e 1, 2 e 3 de febreiro de 2013, ás 19:00 h e 22:00 h, 18:30 e 21:30 h, e ás 17:30 e 20:30 h, respectivamente, o espectáculo de EOLOH!

Letsgo produce un novo espectáculo, unha interesante aposta na que a diversión e o circo están moi presentes e cuxo público abarca todas as idades: EOLOH! Trátase dun circo que transcende o convencional, que xungue a grandeza da tradición circense e a máxica atmosfera dun recinto escénico máis íntimo. A innovadora e orixinal perspectiva que os creadores do espectáculo lograron, contribúe ao notable éxito das funcións representadas.

images

Juanjo Puigcorbé e Pere Ponce actuarán no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo

Mañá, sábado 1 de decembro, o teatro do Centro Cultural de Vigo subirá o pano para presentar, ás 20:30 h, a obra de teatro Se soubese cantar, salvaríame, na que Juanjo Puigcorbé e Pere Ponce se converterán en dous rivais unidos por unha mesma paixón.

LOUZÁN E LUENGO POÑEN EN FUNCIONAMENTO O CENTRO CULTURAL DE O FREIXO TRALA EXECUCIÓN DE OBRAS DE ACONDICIONAMENTO

crecente

A Deputación acaba de investir 85.000 euros na mellora do illamento e calefacción da gardería pública; do peche perimetral do no colexio Manuel Sieiro, e na posta a punto do centro cultural

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde de Crecente, Julio César García Luengo,  puxeron hoxe en funcionamento o Centro Cultural de O Freixo que foi obxecto unha remodelación financiada integramente pola Deputación cun investimento de cerca de 40.000 euros.

As obras consistiron no remate exterior do edificio; na limpeza total dos muros; obras de reparación da cuberta; reposición de tellas e revisión xeral; Obras de remate interior: revestido con mortero dos parámetros verticais e horizontais; colocación de solado con plaquetas de gres; pintado interior; e vernizado da carpintería; Dotación de iluminación. Segundo informou o alcalde, tamén se dotou de estores o centro centro telemático e biblioteca.

Ademais desta actuación a Deputación ven de financiar outras moi necesarias, explicou Luengo, para o municipio. Por unha banda, acometeuse a substitución do antigo peche perimetral en 162 ml de maia soldada  no colexio Manuel Sieiro para garantir a seguridade dos nenos; evitar a perda de balóns, etc.

Por outro lado, realizouse unha intervención na Gardería Pública que ten actualmente 18 nenos. As obras consistiron na dotación de illamento térmico para o teito; reforzo da calefacción con máis radiadores, pintado dos chans exteriores con pintura antideslizante e colocación de lousetas de caucho; estores; mesa para a cociña; toldos para o exterior para facilitar a sombra en verán; e en definitiva para mellorar o confort destas instalacións. Todas estas actuacións sumadas á realizada no centro cultural suman 85.000 euros investidos pola Deputación.

A CRÍA DE TROITA E DE RODABALLO XEROU EN GALICIA 95 MILLÓNS DE EUROS NO 2011 E SUPÓN 790 POSTOS DE TRABALLO DIRECTOS

trucha

A conselleira do Medio Rural e do Mar en funcións participou na xornada ¿Cómo te alimentas? Salud y gastronomía en los pescados de crianza con motivo do Día da Acuicultura

§  Rosa Quintana incidiu na importancia da acuicultura en Galicia e apelou á unión de asociacións, consumidores e administracións para impulsar esta actividade

  • A titular de Medio Rural e de Mar indicou que o cultivo de troita e de rodaballo é un complemento nos mercados que permite aos consumidores ter acceso a estas especies, xa que ambas “teñen escasa presenza na pesca extractiva”

 

CONSTRUCCIONES NAVALES P.FREIRE Y ASTILLEROS JOSÉ VALIÑA OPTAN A LA RENOVACIÓN DE LA FLOTA MENOR DE PEMEX

Supondría la construcción de embarcaciones de última generación que incluyen remolcadores, buques multipropósitos y buques tanque de bajo calado

Presentaron una propuesta conjunta a la Secretaría de Marina mexicana,  en la que también se implican los astilleros mexicanos SENI y TNG.

30 de noviembre de 2012.- Construcciones Navales Paulino Freire, de Vigo, y Astilleros José Valiña, de A Coruña, acaban de presentar, en colaboración con astilleros mexicanos, una propuesta conjunta a la Secretaría de Marina del país americano  (SEMAR) para la renovación de la flota menor de Pemex Refinación. Leer más…