Archive | noviembre 4, 2012

BANDA DO MUNICIPIO DE ARBO

    Pie de fotos: Director de la Banda Don Cesar  Posada – Banda Municipal de Arbo

A banda de música do municipio de Arbo consegue o primeiro premio na 3ª sección do XII certame provincial  organizado pola Deputación de Pontevedra e celebrado o sábado 27 de outubro no auditorio de Vilagarcia. Cunha puntuación de 293 puntos acada o primeiro premio por diante da banda de música de Ribadumia que consegue o 2º premio con 255 puntos, e da banda de música de Vilatuxe, que acadou o 3º premio cunha puntuación de 253 puntos.

Con este1º premio conseguido, xa e a terceira vez que a banda de música do municipio de Arbo consegue gañar este certame provincial, xa que tamén o fixo no ano 2002 e 2004. Un premio maís que se suma a outros moitos conseguidos anos anteriores como destacan un 1º premio e mención de honra no certame internacional de Valencia no ano 1999 e un 2º premio dous anos maís tarde no mesmo certame. Un amplo currículo acadado en tan so 18 anos de existencia.

O director CESAR POSADA FIGUEIRAS

Cabe destacar a importancia do novo director Cesar Posada Figueiras(clarinetista da Union musical de Valadares) que se fixo cargo da banda de música de Arbo en setembro do 2011 e, en tan solo un ano ó fronte de dita banda, consegue gañar o 1º premio no certame provincial.

A escola de música

Na actualidade a banda de música de Arbo conta con mais 20 alumnos na súa escola recibindo clases por profesores titulados e co fin de incorporarse próximamente o plantel da banda e axudar a súa continuidade moitos anos máis. A directiva da banda traballa desinteresadamente para garantizar a existencia de dita banda e para que sega crecendo cada vez máis.

Agradecementos

A banda de Arbo quere agradecer a Fundación Segundo Gil Davila a súa axuda desinteresada con dita asociación xa que a súa aportación económica a escola da banda permite que a banda de música de Arbo sega crecendo.

Concerto santa Cecilia

A banda de música de Arbo convidaos a todos o seu concerto de Santa Cecilia que ofrecerá  o 24 de novembro no multiusos de Arbo.

CO PASAMENTO DE FEDERICO CIFUENTES, SÓLO CATRO DOS SETE PRESIDENTES DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA NO PERIODO DEMOCRÁTICO PERMANECEN VIVOS

   Sólo catro dos sete presidentes que tivo a Deputación de Pontevedra no periodo democrático permanecen vivos: Rajoy (1983-1986), César Mera (1990-1995), Manuel Abeledo (1995-2003) e Rafael Louzán que preside a Corporación Provincial dende o ano 2003.

Os outros tres falleceron recentemente: Fernando García del Valle, que fora presidente de 1986 a 1987; José Cuiña Crespo, de 1987 a 1990; e Federico Cifuentes Pérez, presidente entre 1979 e 1983, que foi enterrado hoxe no cemiterio de San Vicente do Grove despois de falecer onte, aos 81 anos de idade, na Coruña.

A conmemoración dos 25 anos de Corporacións Democráticas, que orgaizara a Deputación de Pontevedra en 2004, foi a única ocasión.

QUEQUÉ: XIRA GALEGA EN NOVEMBRO

Alguén se fixou en que os monologuistas comezan os seus espectáculos cunha pregunta ao público? Pois Quequé tamén. Tamén se deu conta, queremos dicir.

Desde que o botaron da tele ten moito tempo libre e, por iso, preparou un novomonólogo de humor acompañado polo seu guitarrista habitual e do que poderemos gozar en Galicia os días 8 de novembro en Lugo, 9 en Vilagarcía de Arousa, o 11 na Estrada e o 16 deste mesmo mes en Burela.

Será a primeira vez que poidamos gozar en Galicia da súa particular Sesión golfa, que chega da man de Culturactiva SCG, a distribuidora líder no país de teatro cómico e de rúa desde fai máis de 12 anos.

Para gozar dun espectáculo co mellor humor para “adultos sen complexos” e no que o protagonista non dubida de se rir de todo, incluso de si mesmo, esta é a túa oportunidade. Volver ao teatro rindo con quen compartiu plató con unha das mellores cómicas a nivel estatal, Eva Hache e que deu horas de gargalladas en Paramount Comedy e no Club de la comedia.

Se non queres quedar sen a túa entrada, podes reservala a un prezo de 11 euros no link que corresponda á data que máis che interese:

8 novembro LUGO: COMPRAR ENTRADAS 9 novembro VILAGARCÍA: COMPRAR ENTRADAS 11 novembro A ESTRADA: COMPRAR ENTRADAS 16 novembro BURELA: COMPRAR ENTRADAS

Lembra que tamén podes adquirilas dúas horas antes do inicio de cada espectáculo na billeteira do lugar de celebración do mesmo.

La Cámara de Vigo participa en la Feria Midest¨2012 (París) del 6 al 9 de noviembre.

– Más de 300 empresas gallegas estarán representadas en esta cita gracias a la Bolsa de Subcontratación de Galicia

Vigo, 02/11/12.- Técnicos de la Cámara de Comercio de Vigo viajarán la próxima semana a París para participar en la feria Midest´2012, que tendrá lugar del 6 al 9 de noviembre. La participación en esta feria, la más importante del mundo en cuanto a la subcontratación industrial y que este año celebra su cuadragésima segunda edición, se organiza en colaboración con la Cámara de Comercio de Guipúzkoa. Además, la Cámara de Comercio de Vigo es la sede de la Bolsa de Subcontratación de Galicia, que aglutina a un total de 372 firmas gallegas y que también estarán representadas en la feria. Leer Más…