Archive | noviembre 7, 2012

Rosa Quintana visitoú Adega Eidosela en Arbo

    Rosa Quintana e Ana Ortiz visitaron a adega Eidosela e asistirón á presentación do seu novo viño espumoso a base de uva cen por cento albariña.

A conselleira tamén se desprazou hoxe ata o concello de Arbo para coñecer as instalacións da adega Eidosela e poder observar o degole do viño Espumoso “Eidosela, Burbullas do Atlántico”.

Pertencente á Denominación de Orixe Rías Baixas, subzona do Condado de Tea, Eidosela agrupa un total de 61 viticultores e conta cunha superficie de viñedo dunhas 45 hectáreas, con viñas de entre 15 e 30 anos de antigüidade.

Como novidade para este ano, a adega elaborou o viño espumoso “Eidosela, Burbullas do Atlántico” cunha produción de 6.000 botellas de uva cen por cento albariña. Ademais, cómpre destacar outros dos seus caldos, como Eidosela Albariño ou Arbastrum, que contan xa con numerosos galardóns no ámbito internacional.

Esta adega recibiu dende o ano 2006 preto de 1 millón de euros en diversas axudas xestionadas pola Consellería do Medio Rural e do Mar para transformación, comercialización, promoción e mellora dos seu produtos agrarios.

Concello de Vigo

 


O Concello licita as obras de remodelación do Mercado de O Berbés por 2,2 millóns de euros

O Concello ven de dar un paso “central” na recuperación do Casco Vello coa licitación das obras do Mercado de O Berbés por 2,2 millóns de euros. Así o explicou esta mañá o rexedor, quen tamén deu conta da autorización de gasto de 289.000 euros este ano para iniciar as obras do Equipamento Social e Cultural da Asociación de Veciños de A Miñoca. Estes traballos contarán cunha aportación orzamentaria de 350.000 en 2013 e doutros 235.612 en 2014.

 


O alcalde convenia coa Mancomunidade a contratación de 25 traballadores na limpeza dos montes

Abel Caballero rubricou este mércores un novo convenio dentro do Plan Municipal de Emprego coa Mancomunidade de Montes, un acordo polo que a entidade contrata a 25 persoas encargadas de “manter, limpar e coidar os montes” de man común da cidade. O Concello achega ao efecto 175.000 euros.

 


O Concello coorganiza a campaña solidaria de recollida de bicis para nenos desfavorecidos

Xunto a Novagalicia Banco e A Golpe de Pedal, o Concello coorganiza a cuarta edición da Campaña de Recollida de Bicis “Unha bici, un sorriso”, pola que se recollen e arranxan para ser entregadas no Nadal aos nenos con menos posibilidades. O teléfono gratuíto 010 ofrece información sobre a iniciativa e os puntos de entrega en Vigo.

 


Inauguración exposición “15 contos breves e extraordinarios” da Fundación María José Jove

Este xoves, 8 de novembro, ás 20,00h, terá lugar na planta baixa da Casa das Artes a inauguración da exposición “15 contos breves e extraordinarios”, organizada pola Fundación María José Jove, en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas, unha mostra coa que a fundación culmina o seu proxecto sobre arte contemporánea e discapacidade, unha iniciativa pioneira en Galicia.

Visitas escolares aqualia en Vigo

  Ata o mes de xuño os rapaces poderán visitar a ETAP e a EDAR

Estímase que preto de 1.000 escolares coñezan as instalacións

Vigo, 7 de novembro de 2012

Esta mañá tivo lugar a primeira visita de escolares ás instalacións da Estación de
Tratamento de Auga Potable (ETAP) situada no Casal, no marco das visitas que
aqualia, empresa concesionaria do Servizo Municipal de Augas de Vigo fai cada ano.
O obxectivo destas visitas pasa por dar a coñecer o ciclo integral da auga e pór en
valor a importancia dun recurso natural tan valioso como é a auga.

Dende novembro ata xuño de 2013, os rapaces de 2º e 3º ciclo de primaria dos
centros escolares vigueses poderán visitar a ETAP de Casal, mentres que os alumnos
de ESO e Bachiller poderán coñecer de primeira man o funcionamento da Estación
Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Lagares.

Estímase que ata o final do curso escolar máis de 1.000 rapaces poidan coñecer as
principais instalacións do ciclo integral da auga de Vigo.

En palabras de José María Ardoy, Director de aqualia Vigo, “consideramos que a
mellor forma de explicar o traballo que aqualia desenvolve como empresa
concesionaria do Servizo Municipal de Augas de Vigo é coñecer insitu as instalacións
e visualizar a importancia dunha correcta xestión do ciclo integral da auga”.

As visitas, dunha hora e media de duración, estarán dirixidas por persoal cualificado
de aqualia que explicará de xeito ameno e divertido as claves do funcionamento do
ciclo integral da auga e o papel de aqualia neste servizo.

 

Novacaixagalicia pon en marcha un programa para mellorar a xestión das ONG do terceiro sector

 Innovación, cooperación e formación constitúen os piares do foro

I        O proxecto é o resultado de dez anos de traballo da caixa coas ONG galegas

07.11.2012. Novacaixagalicia presentou esta mañá o seu Foro Socialia de Innovación e Calidade Social, unha iniciativa da entidade destinada a mellorar a xestión das ONG galegas de acción social. O programa nace co obxectivo de servir de apoio a este sector nun momento en que aumentan as necesidades das persoas que están en situación vulnerable e diminúen os recursos tanto públicos como privados. Neste sentido, Pedro Otero Espinar, xerente de Novacaixagalicia, afirmou durante a rolda de prensa que «á dura realidade político-económica que debemos afrontar como cidadáns, hai que engadir outras manifestacións da crise relacionadas con aspectos máis sociais: Galicia, e España no seu conxunto, fóronse atopando desde 2008 cunha elevada porcentaxe da súa poboación en situación de pobreza. Así é que esta recesión ten uns efectos específicos no terceiro sector, que viviu durante a última década un período de expansión ao abeiro do crecemento da economía e da expansión dos orzamentos públicos» e continuou sinalando que «esta combinación de contracción económica en plena etapa de crecemento do sector é a característica máis relevante da especificidade da situación actual neste ámbito». Ademais, destacou que «Novacaixagalicia veu dando apoio ao sector desde hai máis de dez anos, e hoxe continuamos implicados, e perante as dificultades, máis ca nunca, na procura de solucións ante as necesidades deste sector». Leer Más…

PP de Vigo

  La inacción del gobierno municipal provoca que tengan que ser los propios vecinos los que alerten de los problemas que se producen a diario en la ciudad

  • El concejal del Partido Popular Antonio Bernárdez denuncia que el alcalde solo actúa cuando pasa algo, “como el socavón de Teis o la caída de chopos en Coia”.
  • Los ediles del PP que visitaron la calle Boán advierten que en la misma zona pueden producirse nuevos hundimientos por la falta absoluta de mantenimiento de la red de aguas.
  • “¿Dónde están las inversiones a que se había comprometido Aqualia? ¿Por qué el alcalde destina dinero de la concesionaria a ornamentación de calles en superficie cuando el subsuelo está mal?”, pregunta el concejal del Partido Popular.
  • Bernárdez califica de “desfachatez” que el concejal de Fomento diga públicamente que no hay presupuesto para las reparaciones de la red de abastecimiento, “cuando el alcalde ha prorrogado la concesión del servicio”.

ECONOMÍA E INDUSTRIA PROPÓN ÁS EMPRESAS DO GRANITO MEDIDAS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA COAS QUE O SECTOR PODERÍA CHEGAR A AFORRAR MÁIS DE 3 MILLÓNS DE EUROS AO ANO

  • O director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez, presentou hoxe un estudo con propostas coas que canterías e industria transformadora poderían reducir a enerxía que consomen nun 14% de media
  • Para as canterías propóñense medidas como o axuste da potencia eléctrica contratada, a implantación dun sistema de xestión enerxética ou melloras na instalación de aire comprimido
  • No tocante ás industrias transformadoras, aconséllase a instalación de variadores de frecuencia ou a mellora nas instalacións de iluminación

Porriño

VENDEDORES DE LA PLAZA DE ABASTOS DE PORRIÑO PROPONEN RECETAS CON PRODUCTOS TÍPICOS Y FRESCOS A LA VENTA EN EL PROPIO MERCADO

La concejala María José Martínez asistió al concurso de recetas “Cociña de Mercado” promovido por la Deputación de Pontevedra y del cual resultaron 16 ganadores con un total de 24 recetas, las cuales pueden ser consultadas por todos los clientes y usuarios de la plaza en el tótem interactivo.

EL CONCELLO DE PORRIÑO MEJORA EL TRÁFICO RODADO Y CONSIGUE UNA MAYOR AMPLITUD EN LA CONFLUENCIA DE LAS CALLES PINAR Y CODESAL

El alcalde Nelson Santos visitó las obras consistentes en la construcción de una rotonda y acondicionamiento de las aceras, incluyéndose el previo derribo de una edificación en desuso y mal estado

Los trabajos son realizados por personal del departamento de Vías y Obras, evitando la contratación a una empresa externa, lo que ha supuesto un ahorro de 20.000 euros aproximadamente para las arcas municipales

PRESENTACIÓN SERVIZO PROVINCIAL DE RECOLLIDA E TRATAMENTO DE LIXO E XESTIÓN DE PUNTOS LIMPOS

  SITUACIÓN ACTUAL E PERSPECTIVAS LEXISLATIVAS

O SERVIZO DE RECOLLIDA E TRATAMENTO DE LIXO É MOI DEFICITARIO PARA A MAIORÍA DOS CONCELLOS QUE LEVAN A XESTIÓN DUN MODO DIRECTO.

AS TAXAS QUE ACTUALMENTE COBRAN OS CONCELLOS TAN SÓ  CUBREN DE MEDIA O 40 % DO CUSTO DO SERVIZO, SEN CONTAR OS CUSTOS INDIRECTOS. Leer Más…

El Secretario de Estado de Medioambiente defiende el papel de las administraciones autonómicas y locales, en materia de desarrollo sostenible, por ser las que están pegadas al territorio y al ciudadano

 

 

 

El “Foro de experiencias en desarrollo sostenible” reunió a expertos nacionales e internacionales en el Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela

El Conselleiro de Mediambiente anuncia que el geoportal, una herramienta para la evaluación y conocimiento del territorio de la eurorregión dirigida a profesionales y ciudadanos, estará disponible a partir del próximo año

 Santiago de Compostela, 7 de noviembre de 2012.- El Secretario de Estado de Medioambiente, Federico Ramos de Armas, afirmó hoy en el Foro de experiencias en desarrollo sostenible, celebrado en Santiago de Compostela, que “en el marco de la Unión Europea, el papel de las administraciones autonómicas y locales es primordial, en materia de desarrollo sostenible, por ser las que están pegadas al territorio y al ciudadano”. Leer Más…

Son os Dereitos Humanos unha idea lixo? – Nota de FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE

Son os Dereitos Humanos unha idea lixo? O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade reclama no seu 15º aniversario o mantemento do compromiso co desenvolvemento dos países empobrecidos. Canda as Deputacións e Concellos socios, o factor humano humano xoga un papel clave neste proxecto.

Somos unha rede de institucións e persoas. Únete compartindo desde hoxe en www.facebook.com/FondoGalego os vídeos nos que partipantes no programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo contan as súas impresións sobre o Sur. Hoxe publicamos o tráiler, na vindeira semana estreamos a película completa…

Difunde a campaña tamén desde o noso web http://www.fondogalego.org/web/os_dereitos_humanos_non_son_unha_idea_lixo e participa nas xornadas coas que conmemoraremos 15 anos de compromiso local coa solidariedade internacional, o vindeiro 30 de novembro en Santiago de Compostela.

Apúntate á nosa comunidade cun “gústame” no Facebook ou seguíndonos en twitter.com/fondogalego. A cooperación internacional ten hoxe máis sentido ca nunca. Os Dereitos Humanos non son unha idea lixo.