Concello de Vigo

 


O Concello licita as obras de remodelación do Mercado de O Berbés por 2,2 millóns de euros

O Concello ven de dar un paso “central” na recuperación do Casco Vello coa licitación das obras do Mercado de O Berbés por 2,2 millóns de euros. Así o explicou esta mañá o rexedor, quen tamén deu conta da autorización de gasto de 289.000 euros este ano para iniciar as obras do Equipamento Social e Cultural da Asociación de Veciños de A Miñoca. Estes traballos contarán cunha aportación orzamentaria de 350.000 en 2013 e doutros 235.612 en 2014.

 


O alcalde convenia coa Mancomunidade a contratación de 25 traballadores na limpeza dos montes

Abel Caballero rubricou este mércores un novo convenio dentro do Plan Municipal de Emprego coa Mancomunidade de Montes, un acordo polo que a entidade contrata a 25 persoas encargadas de “manter, limpar e coidar os montes” de man común da cidade. O Concello achega ao efecto 175.000 euros.

 


O Concello coorganiza a campaña solidaria de recollida de bicis para nenos desfavorecidos

Xunto a Novagalicia Banco e A Golpe de Pedal, o Concello coorganiza a cuarta edición da Campaña de Recollida de Bicis “Unha bici, un sorriso”, pola que se recollen e arranxan para ser entregadas no Nadal aos nenos con menos posibilidades. O teléfono gratuíto 010 ofrece información sobre a iniciativa e os puntos de entrega en Vigo.

 


Inauguración exposición “15 contos breves e extraordinarios” da Fundación María José Jove

Este xoves, 8 de novembro, ás 20,00h, terá lugar na planta baixa da Casa das Artes a inauguración da exposición “15 contos breves e extraordinarios”, organizada pola Fundación María José Jove, en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas, unha mostra coa que a fundación culmina o seu proxecto sobre arte contemporánea e discapacidade, unha iniciativa pioneira en Galicia.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: