Visitas escolares aqualia en Vigo

  Ata o mes de xuño os rapaces poderán visitar a ETAP e a EDAR

Estímase que preto de 1.000 escolares coñezan as instalacións

Vigo, 7 de novembro de 2012

Esta mañá tivo lugar a primeira visita de escolares ás instalacións da Estación de
Tratamento de Auga Potable (ETAP) situada no Casal, no marco das visitas que
aqualia, empresa concesionaria do Servizo Municipal de Augas de Vigo fai cada ano.
O obxectivo destas visitas pasa por dar a coñecer o ciclo integral da auga e pór en
valor a importancia dun recurso natural tan valioso como é a auga.

Dende novembro ata xuño de 2013, os rapaces de 2º e 3º ciclo de primaria dos
centros escolares vigueses poderán visitar a ETAP de Casal, mentres que os alumnos
de ESO e Bachiller poderán coñecer de primeira man o funcionamento da Estación
Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Lagares.

Estímase que ata o final do curso escolar máis de 1.000 rapaces poidan coñecer as
principais instalacións do ciclo integral da auga de Vigo.

En palabras de José María Ardoy, Director de aqualia Vigo, “consideramos que a
mellor forma de explicar o traballo que aqualia desenvolve como empresa
concesionaria do Servizo Municipal de Augas de Vigo é coñecer insitu as instalacións
e visualizar a importancia dunha correcta xestión do ciclo integral da auga”.

As visitas, dunha hora e media de duración, estarán dirixidas por persoal cualificado
de aqualia que explicará de xeito ameno e divertido as claves do funcionamento do
ciclo integral da auga e o papel de aqualia neste servizo.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: