MAGOSTOS NO MOVEMENTO VECIÑAL – Vigo

    

Venres 9

En Zamáns organizado  pola A.V.C.R. San Mamede celebrarán o seu magosto Centro Cultural coa actuación do grupo de gaitas e baile “Rueiro” de Coia a partires das 20:30 con Castañas asadas de balde para os/as socios/as.

Sábado 10

En San Roque a A.V. de San Roque (1ª Travesía de San Honorato nº 3 B) ás 18:00 actuación de Gaiteiros da A.V. de Valadares, actuación a conta do programa de Movevigo.

En Cabral a partires da 20:00 e no local da Asociación Veciñal Cultural e Deportiva Santa Mariña (Avda. Santa Mariña, 95) haberá magosto con castañas de balde para as persoas asistentes. Música e baile.

CRAC de Coruxo (Avda Ricardo Mella 296) o tradicional Magosto no Centro Cultural de Coruxo comezará 19:00 coas actuacións das Escolas de Gaita, percusión e acordeón; Escola infantil de pandeireteiras e Escola de adultos de pandeireteiras e pandeireteiros. Castañas asadas e viño, todo de balde.

AVCD “SAN XURXO” DE SAIÁNS (Rúa Eira Vella Nº4) ás 18:30H. No local social de Saíans, actuación musical, castañas asadas gratis e bocadillos de chourizos a prezos populares.

En Castrelos na ASOCIACIÓN VAL DO FRAGOSO comezando arredor das 19:00 horas. Actuará o GRUPO XANGAL da A.V de Cabral haberá castañas, empanada e viño. Castañas de balde para as persoas asociadas e o resto a prezos populares.

En San Roque a partires das 18:00 horas haberá un magosto veciñal que contará coa actuación do grupo de Gaiteiros/as de Valadares.

En Sampaio na A.V.C.D. de Sampaio (Casal de Arriba, 6) celebrarase o magosto dende as 18:00 hs. contando coa actuación do grupo de Acordeóns Monte da Mina de Castrelos dentro do programa Movevigo.

En Valadares no Centro Cultural e Veciñal (Estrada Xeral de Valadares, 261) Actuacións: Banda Música Unión Musical Cabral, Cantareiras e Grupo de Gaitas “Aturuxo” de Valadares. O magosto comezará as 21:00 hs. Con castañas de balde.

  • En Alcabre organizada pola A.V. «Nosa Terra» celebrarán o magosto no Torreiro de Alcabre, xunto ás praias de Santa Baia e Carril, comezará ás 18:30, contará coa actuación do Grupo de pandereteiras as Ghandainas de Alcabre. Haberá castañas e viño gratis para as socias e socios.
  • En San Miguel de Oia a partires das 19,00 HORAS, no auditorio actuación da Banda da Escola de Música de Beade, de seguido degustación de castañas coa actuación de: Pandereteiras da A.V. do Freixo e Grupo de Acordeóns da A.V. de San Miguel de Oia.

Venres 16

Na Travesía de Vigo organizado pola A.V. «As Nosas Rúas» (Doutor Canóa nº5 – baixo interior) ás 19.30HORAS , gratuíto e so para persoas asociadas. Actuarán Pandereteiras “Augas de Maio” da A.V. de Candeán, actuación a conta do programa de Movevigo.

Sábado 17

S.V.C.D.Nautilius (Camiño de Sanín, 54) a partir das 17:00 horas, Magosto Popular con castañas e viño, amenizado polo grupo de gaitas e baile da nosa sociedade.

En Sárdoma a A.VV. O CARBALLO realizará o seu magosto a partires das 19 horas coa actuación do grupo de gaitas Aturuxo de Valadares  que actuará dentro do programa Movevigo. Haberá castañas de balde e bebidas a prezos populares.

En Coia organizado pola A. V. Cristo da Victoria celebrarase un magosto popular.

Domingo 18

No barrio de O Castro na A.V. Dr. Fleming (rúa Zamora 80 interior) celebrarán o seu magosto coa actuación do grupo “Os Tabáns” da A.V. O Freixo, actuación a conta do programa de Movevigo.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: