Actividades Novacaixagalicia – Vigo

NOVACAIXAGALICIA E EL PROGRESO FALLAN O XXV PREMIO ÁNXEL FOLE

Novacaixagalicia e El Progreso fallarán o XXV Premio Ánxel Fole de Ensaio o vindeiro luns 12 de novembro. O Centro Sociocultural Novacaixagalicia de Lugo, na praza de Santa María, acollerá, ás 13:30 h, a rolda de prensa que dará a coñecer o traballo gañador desta edición.

ENCE E NOVACAIXAGALICIA PRESENTAN EN PONTEVEDRA PICASSO, O EQUILIBRIO E A VERTIXE

Na mañá de hoxe, venres 9 de novembro, déronse cita no Centro Cultural Novacaixagalicia. Café Moderno de Pontevedra os responsables de Ence ―entidade patrocinadora da exposición―, Fundación Picasso, Museo Casa Natal e mais Novacaixagalicia co gallo da presentación aos medios de comunicación da mostra «Picasso. O equilibrio e a vertixe». Os tres representantes institucionais, Antonio Casal, director do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra; José María Luna, director da Fundación Picasso, Museo Casa Natal; e Pedro Otero, xerente de Novacaixagalicia, coincidiron á hora de subliñaren a importancia de que a colaboración institucional permita gozar na cidade do Lérez da obra dun dos grandes xenios da arte contemporánea.

NOVACAIXAGALICIA PRESENTA A ROSANA EN VIGO

Mañá, sábado 10 de novembro, o teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo ábrese para recibir a Rosana co seu novo álbum «Buenos días, mundo». A actuación terá lugar ás 20:30 h.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: