FEIJÓO CONSTATA A DEMANDA DE PETROBRAS DE 500 BUQUES OFF-SHORE ENTRE OS ANOS 2012 E 2016 NO DESENVOLVEMENTO DO XACEMENTO PETROLÍFERO DE PRE-SAL

  O presidente da Xunta en funcións afirma que tras o encontro mantido hoxe iníciase unha serie de contactos bilaterais con Petrobras para participar nos diferentes procesos de licitación asociados á construción de buques off-shore e outras plataformas petrolíferas 

  Subliña a axenda económica da viaxe, durante a que tivo a oportunidade de contactar con nove empresas brasileiras, basicamente estaleiros, e empresas instrumentais que teñen pedidos de Petrobras

 Destaca o acordo de traballar coa Secretaría de Estado de Economía de Río de Janeiro para organizar conxuntamente unha misión comercial de estaleiros e armadores brasileiros a Galicia

 Afirma que Brasil, xunto con México, “seguen sendo os dous grades países prioritarios para a economía galega, para internacionalizar a economía galega”

Río de Janeiro (Brasil), 08 de novembro de 2012.- O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, constatou, hoxe, logo dunha xuntanza con directivos da unidade de exploración e produción de Petrobras, a demanda da empresa brasileira de 500 buques off-shore entre os anos 2012 e 2016 no desenvolvemento do xacemento petrolífero de pre-sal. “Hai unha enorme demanda de buques de apoio e temos en consecuencia unha oportunidade que hai que aproveitar, traballando, viaxando e establecendo contactos para que despois ese traballo vaia cristalizando. Tras este encontro, iníciase unha serie de contactos bilaterais con Petrobras para participar nos diferentes procesos de licitación asociados á construción de buques off-shore e outras plataformas petrolíferas ”, aseverou.

Neste sentido, Feijóo avanzou que algunha empresa “prantexou a necesidade de que Galicia poda ofertar prezos para unha serie de barcos que necesitan construír, e que van a dar a oportunidade aos estaleiros galegos de presentar o seu presuposto”. Así mesmo, destacou o acordo de traballar coa Secretaría de Estado de Economía de Río de Janeiro para organizar conxuntamente unha misión comercial de estaleiros e armadores brasileiros a Galicia. “En definitiva, tivemos unha axenda completa. E Brasil, xunto con México, seguen sendo os dous grades países prioritarios para a economía galega, para internacionalizar a economía galega”, sentenciou, a modo de resumo.

Neste sentido, Feijóo precisou que nos últimos tres días mantivéronse encontros cun dobre contido: “un contido institucional e un contido económico. Un contido institucional, onde tivemos a oportunidade de manter reunións co gobernador de Río de Janeiro e co secretario de Industria, Economía e Enerxía do Estado. E, tamén, unha axenda económica, onde tivemos ocasión de contactar con nove empresas, basicamente, estaleiros, pero tamén empresas instrumentais que teñen pedidos de Petrobras para construír plataformas petrolíferas e sondas de exploracións. E, hoxe, culminamos cunha xuntanza cos directivos de Petrobras, para iniciar unha senda que espero sexa frutífera para os estaleiros galegos”.

O responsable do Goberno galego lembrou que Petrobas é a quinta empresa enerxética do mundo; “unha multinacional –dixo- instalada en 28 países e, neste momento, ocupa o posto número 5 do conxunto de empresas de enerxía, de empresas de petróleo de todo o mundo”. “E, neste momento –incidiu- hai unha oportunidade para Galicia, xa que Galicia ten necesidade de facer contratación de barcos e, tamén, unha oportunidade económica dado que Brasil acaba de descubrir unha gran plataforma o pre-sal, unha plataforma de 149.000 quilómetros cadrados e onde hai xacementos de petróleo de enormes cantidades xa descubertos e outros aínda por descubrir”.

Feijóo concluíu, lembrando os catro contidos fundamentais desta viaxe: o primeiro, constatar a oportunidade e a demanda de Petrobras de ampliar a súa flota loxística en preto de 500 barcos de apoio para a produción e para apoiar as plataformas petrolíferas que se atopan no mar. En segundo lugar, a necesidade e a demanda contrastada de reparación de buques que xa están funcionando. En terceiro lugar, constatamos tamén a oportunidade de industria auxiliar. E, en cuarto lugar, constatamos unha oportunidade de formación a moitos traballadores”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: