A CONSELLEIR​A DE FACENDA DESTACA O VALOR DO ECONOMISTA E DOS COLEXIOS PROFESIONA​IS NA HOMENAXE AO EX DECANO DO COLEXIO DE ECONOMISTA​S DE PONTEVEDRA

Elena Muñoz Fonteriz presidiu a entrega da Insignia de Ouro e Brillantes a Luís Navaza Blanco

§  Subliñou o labor desempeñada polos economistas no sector público a través do control orzamentario do gasto

§  Resaltou o papel fundamental que xogan as pequenas e medianas empresas como motor da economía galega.

A conselleira de Facenda en funcións, Elena Muñoz Fonteriz, salientou hoxe o valor dos economistas e a relevancia dos colexios profesionais nun escenario económico como o actual no que os actores económicos se desenvolven nun entorno profundamente internacionalizado.

Muñoz Fonteriz presidiu en Vigo a entrega da Insignia de Ouro e Brillantes do Colexio de Economistas de Pontevedra, ao seu ex decano-presidente durante máis de 14 anos, Luís Navaza Blanco.

Durante a súa intervención, a titular de Facenda en funcións destacou o importante labor que desempeñan os economistas no sector público a través do control orzamentario do gasto, “no que a disciplina e o rigor se mostran como principios básicos que deben rexer a actuación das administracións públicas”.

Neste sentido, subliñou a necesidade de dispoñer dunha boa escola de economía “que contribúa ao desenvolvemento dun país nun mundo globalizado coma o actual”.

Así, Elena Muñoz Fonteriz explicou que resulta imprescindible dispoñer de institucións como os colexios profesionais que amparen a profesión, e “que se articulen como nexo de unión e foro de intercambio de opinións e experiencias, onde os seus membros poidan expoñer as súas inquietudes e satisfacer as súas necesidades profesionais”.

Rede empresarial galega

Por outra banda, a conselleira de Facenda en funcións resaltou o papel fundamental que xoga a rede empresarial galega, pois segundo apuntou “as pequenas e medianas empresas son o motor da economía galega, tanto en termos de facturación como polo emprego que xeran”.

Muñoz Fonteriz explicou que se trata dunha rede perfectamente consolidada e cunha gran capacidade de adaptación ás situacións de maior dificultade. “Temos vivido tempos mellores, pero é certo que as crises, se se saben aproveitar, constitúen grandes oportunidades para o crecemento”, concluíu.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: