A DEPUTACIÓN E UNIPUBLIC CONTINUAN PERFILANDO OS DETALLES TÉCNICOS E PROMOCIONAIS DA VOLTA CICLISTA QUE SE DARÁN A COÑECER NUNHA PRESENTACIÓN OFICIAL QUE TERÁ LUGAR A PRINCIPIOS DE XANEIRO

Participarán máis de un milleiro de persoas das cales o 70% serán medios de comunicación nacionais e internacionais.

A presentación oficial da volta ciclista a España terá lugar a primeira semana de xaneiro nas Rías Baixas. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, explicou hoxe que aínda non está decidido o lugar no que se vai a realizar este acto pero avanzou que deberá ter capacidade para albergar a máis de 1.000 persoas das cales o 70% serán xornalistas e medios de comunicación nacionais e internacionais. En previsión das condicións meteorolóxicas o acto de presentación da que se vai a denominar Volta Ciclista a España “Rías Baixas-Madrid” será nun lugar cuberto, dixo Louzán.

A Deputación e Unipublic están a manter xuntanzas de traballo para ultimar e organizar cuestións relativas ós itinerarios, espazos, lugares de presentación e todos os detalles que conlevan a organización dun evento deportivo destas características. Precisamente, onte Rafael Louzán estivo traballando co director da empresa Unipublic para perfilar e concretar todos estes aspectos e a vindeira ambas entidades seguiran  coordinando todos os detalles do evento con catro técnicos da empresa organizadora.

Deste xeito, a deputación e Unipublic seguen traballando con planificación e previsión para  que non falle nada. “Hai percorridos que están definidos máis ou menos, faltan saídas e chegadas por definir pero o que buscamos e a mellor promoción posible das Rías Baixas, tendo en conta tamén que os itinerarios teñen que ser compatibles cos aspectos técnicos que esixe a organización”.

Louzán pretende que a Volta Ciclista do ano 2013 “sexa un evento promocional de primeira magnitude para a provincia de Pontevedra” e recordou que estará presente en máis de 40 municipios.

Preguntado polas críticas realizadas polo alcalde de Vigo sobre a escolla de Vilanova de Arousa para albergar a saída oficial da primeira etapa da Volta Ciclista 2013, Rafael Louzán aseverou que “este señor é despreciativo con todo o mundo, incluso o foi co concello de Vilanova de Arousa”. “Estase quedando máis so ca nunca con este tipo de actitudes. Louzán comentou a renglón seguido que “isto vai a favor de todos e en contra de ninguén e el está en contra de todos pero ese é o seu problema”.

Finalmente, Rafael Louzán dixo que Caballero debería “mirar como actúa o concello de Pontevedra que albergou o final dunha etapa na última edición da volta e que na próxima edición acollerá unha saída”. Finalmente Rafael Louzán engadiu que “o alcalde de Vigo tamén tivo a oportunidade de negociar coa empresa Unipublic”.

Finalmente, o titular da Deputación aclarou que, polo de agora, barállanse cinco escenarios posibles para cada etapa e, entre eles escollerase un. Neste senso, aclarou, non está decidido nin pechado o percorrido definitivo.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: