Archive | noviembre 12, 2012

AXENDA // FESTIVAL SINSAL X // JOSEPHINE FOSTER PECHA MAÑÁ SINSAL X EN VIGO

 

A cantautora dos EU chega a Vigo con novo disco no mercado para pechar o décimo aniversario do Festival Sinsal na cidade.

Vigo, Martes 13 de Novembro, 21.00h. Auditorio do Concello de Vigo. 8€ (+ gastos de distribución) Socios Festival Sinsal: de balde. Venda anticipada: www.servinova.com

Entradas numeradas.

Venda na billeteira: día do concerto dende 60 minutos antes.

Non se pemitirá a entrada nos concertos unha vez comexzados, só se poderá acceder no descanso.

O Concello de Vigo renova a súa confianza no Festival Sinsal un ano máis, colaborando, como non podía ser doutro xeito, na 10ª edición do evento, que nestes dez anos de historia se convertiu xa en parte da identidade da cidade. Despois da cancelación do concerto de Veronica Falls, por motivos alleos á organización, anunciamos á cantautora dos EU Josephine Foster.

A cantante e compositora estadounidense Josephine Foster presenta en directo con banda o seu último traballo, Blood Rushing (Fire Records), nunhas actuacións que ofrecen a posibilidade de desfrutar da súa extraordinaria voz saltando e balanceándose a través dos arranxos melódicos tecidos polos seus acompañantes.

A XUNTA IMPULSA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA DESTINANDO MÁIS DE 460.000 EUROS A 23 PROXECTOS DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA

Estas achegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Pesca, pertencen á convocatoria de 2012 e concédense ao abeiro dos plans estratéxicos zonais co obxecto de impulsar a competitividade das zonas de pesca

Estas achegas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Pesca, pertenecen á convocatoria de 2012 e concedese ao abeiro dos plans estratéxicoas zonais con obxeto de impulsar a competividade das zonas de pesca.

Conciertos 13-14 Noviembre – La iguana Club

Comenzamos la semana muuuy fuertes!! Mañana, Martes, y pasado, Miércoles, nos visitan dos grupazos desde tierras Americanas, desde ambas costas, este y oeste,dos maneras diferentes de entender la música, de dos grupazos dentro de sus estilos: Leer Más…

Concello de Vigo

 


O alcalde anuncia que o desafiuzamento será causa de nulidade dos contratos do Concello coa banca

O goberno local, que saca a concurso público os contratos financeiros, incluirá desde a próxima licitación a execución hipotecaria como motivo de rescisión. Caballero indicou que o Concello se negou a enviar á Policía Local nas tres peticións de desafiuzamento cursadas pola Xunta de Galicia.

 

Caballero urxe a Porto, Xunta e Goberno Central a desbloquear a posta en marcha da Autopista do Mar

O alcalde de Vigo amosou esta mañá a súa preocupación “polo que parece ser outro obstáculo na posta en marcha da Autopista do Mar”. Ofreceu a súa colaboración para que Porto, Xunta e Goberno Central desbloqueen un proxecto estratéxico para Vigo.

 


Caballero avoga pola cooperación para que Vigo recupere as “claves” de cidade industrial

O alcalde de Vigo defendeu hoxe luns a importancia das tecnoloxías e da automatización industrial na recuperación económica durante a inauguración das V Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial. Apelou á cooperación entre institucións e empresas para conseguir que os futuros profesionais poidan traballar en Vigo e “so se marchen aqueles que así o desexen”.

 


O Concello achega 3.000 euros á AVV San Gregorio para cursos de informática a maiores

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este luns un convenio de colaboración coa Asociación Veciñal San Gregorio para a organización e impartición de cursos de iniciación á informática, dirixido a persoas maiores. A achega municipal posibilita a realización dos cursos e a contratación dunha persoa para impartilos.

Campaña comercio novembro vigovello

  A Asociación de Comerciantes e Hosteleiros Vigovello vén de poñer
en marcha unha campaña dirixida ao Comercio de Barrio .
A finalidade da campaña é incentivar o consumo, aumentar as
ventas, fidelizar e captar novos clientes de todos os comercios
participantes, así como sensibilizar ó consumidor da importancia de
manter o comercio na cidade e que as zonas comerciales e os
barrios son un excelente lugar para pasear, desfrutar e mercar. Con
esta campaña pretendemos unir a oferta comercial e hosteleira e
continuar coa promoción do barrio como referente de ocio na cidade
de Vigo. Leer Más…

A XUNTA PON EN MARCHA UN PROGRAMA PIONEIRO DE VOLUNTARIADO EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO QUE CONTA XA CON 1.000 PARTICIPANTES

  • O obxectivo do programa é contar cunha bolsa de voluntarios e voluntarias que realicen tarefas de acompañamento, apoio e información ás mulleres vítimas de violencia de xénero
  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e a subdirectora xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero, Belén Liste, salientaron hoxe en rolda de prensa que este programa permite “implicar a toda a sociedade na loita contra a violencia de xénero”
  • O programa iníciase cun curso de básico, que comeza este mércores, e para o que se inscribiron preto de 1.000 persoas Leer Más…