Concello de Vigo

 


O alcalde anuncia que o desafiuzamento será causa de nulidade dos contratos do Concello coa banca

O goberno local, que saca a concurso público os contratos financeiros, incluirá desde a próxima licitación a execución hipotecaria como motivo de rescisión. Caballero indicou que o Concello se negou a enviar á Policía Local nas tres peticións de desafiuzamento cursadas pola Xunta de Galicia.

 

Caballero urxe a Porto, Xunta e Goberno Central a desbloquear a posta en marcha da Autopista do Mar

O alcalde de Vigo amosou esta mañá a súa preocupación “polo que parece ser outro obstáculo na posta en marcha da Autopista do Mar”. Ofreceu a súa colaboración para que Porto, Xunta e Goberno Central desbloqueen un proxecto estratéxico para Vigo.

 


Caballero avoga pola cooperación para que Vigo recupere as “claves” de cidade industrial

O alcalde de Vigo defendeu hoxe luns a importancia das tecnoloxías e da automatización industrial na recuperación económica durante a inauguración das V Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial. Apelou á cooperación entre institucións e empresas para conseguir que os futuros profesionais poidan traballar en Vigo e “so se marchen aqueles que así o desexen”.

 


O Concello achega 3.000 euros á AVV San Gregorio para cursos de informática a maiores

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este luns un convenio de colaboración coa Asociación Veciñal San Gregorio para a organización e impartición de cursos de iniciación á informática, dirixido a persoas maiores. A achega municipal posibilita a realización dos cursos e a contratación dunha persoa para impartilos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: