A XUNTA E O CONCELLO DE CANGAS ACORDAN OS CRITERIOS PARA IMPULSAR O PLAN XERAL DESTE MUNICIPIO DO MORRAZ

  • Actualmente a Xunta está analizando o documento co obxectivo de emitir no prazo máis breve posible o Informe Previo a Aprobación Inicial
  • A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, e o alcalde mantiveron unha reunión con obxectivo de avanzar na tramitación do PXOM
  • Cangas ten un parque de 18.500 vivendas e unha poboación de 23.000 habitantes e réxese polas normas subsidiarias de 1993

Santiago, 14 de novembro de 2012.- A Xunta de Galicia  e o Concello de Cangas do Morrazo acordaron nunha reunión celebrada hoxe os criterios nos que se ten que basear o Plan Xeral de Ordenación Municipal  deste municipio pontevedrés.

Durante a reunión de traballo mantida esta mañá entre a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e o alcalde José Enrique Sotelo, na que tamén participaron técnicos das respectivas administracións, o departamento autonómico instou ao concello a fixar un horizonte temporal no documento, así como adaptar a oferta de solo ás necesidades reais de vivenda. O rexedor municipal fixo unha exposición das motivacións e os retos do plan. Actualmente Cangas ten un parque de 18.500 vivendas e unha poboación de arredor de  26.000 habitantes e réxese polas normas subsidiarias de 1993.

Trátase do segundo intento por parte do Concello de contar cun Plan Xeral de Ordenación Municipal, logo de desbotar en 2004 o primeiro contrato.

O documento actual foi contratado en 2006, e chegou á Xunta en decembro de 2010, cando foi devolto polo departamento de urbanismo para emendar as deficiencias atopadas, como foi o caso da adaptación á LOUG ou ao Plan de Ordenación do Litoral.

Actualmente a Xunta está analizando o documento co obxectivo de emitir canto antes o Informe Previo a Aprobación Inicial. O compromiso do Concello é integrar as indicacións que concrete o IPAI no documento que aprobe o concello inicialmente no pleno.

Ambas as dúas administracións emprazáronse a unha nova reunión unha vez emitido o IPAI, co obxectivo de analizar este documento e resolver ás dúbidas que xurdan para avanzar na tramitación do documento urbanístico.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: