Archive | noviembre 15, 2012

El Ministerio de Industria, Energía y Turismo prevé cerrar 2012 con un 30% más de turistas chinos‏

  La Feria CITM de Shangai se celebra desde el 14 al 18 de noviembre

  • § La secretaria de Estado de Turismo asiste en Shanghai a la inauguración de la Feria CITM, principal feria turística de Asia.
  • § Durante los nueve primeros meses del año, visitaron España 121.342 turistas chinos lo que representa un incremento del 36%, muy superior a las expectativas para el año 2012. Leer Más…

Concello de Vigo

O alcalde convoca un pleno extraordinario para buscar solucións para os desafiuzamentos na cidade Abel Caballero anunciou para o martes 20 de novembro un pleno extraordinario para debater sobre medidas que poñan freo aos desafiuzamentos na cidade. Confiou en que se aproben iniciativas que se sumen ás que xa tomou o Goberno municipal como a prestación de asistencia letrada aos afectados e a decisión de non establecer relacións con entidades financeiras que executen desafiuzamentos a familias con baixos recursos.

Caballero di que a Copa Asobal, televisada a 32 países, “pon a Vigo no núcleo central do deporte de elite” A Copa Asobal volve a Vigo dous anos máis tarde da última oportunidade que As Travesas recibiuna e logo de dous meses de arduas negociacións. O evento xogarase o venres 21 e o sábado 22 de decembro no Pavillón Central, que viviu este torneo en xaneiro de 1995 (quinta edición) e en decembro de 2010 (vixésimo primeiro trofeo).

O rexedor confía en manter en 2013 os 146.000 euros orzamentados para o Museo Liste Tras unha visita ás instalacións deste museo etnográfico por mor da súa reapertura, Abel Caballero recordou que os orzamentos deste ano adican 146.000 ao Museo, cifra que confía en manter nas contas de 2013. A xestión do Centro de Artesanía Tradicional (CAT) pasa a ser asumida pola Fundación Liste.

O Concello buscará unha ubicación para a nova Cidade Deportiva do Real Club Celta O alcalde, Abel Caballero, explicou hoxe xoves que os terreos que baralla a entidade deportiva, sitos en Bembrive, son de uso industrial e por tanto alí “non se pode realizar” o proxecto do club, por ser contrario ao Plan Xeral. Adiantou Caballero que “xa estamos traballando na procura dunha ubicación” alternativa.

O Concello adxudica 28 vivendas en réxime de aluguer social en Navia 28 familias viguesas accederán a unha vivenda de protección social en Navia, logo do sorteo público e ante notario que se fixo esta mañá no Auditorio Mar de Vigo entre 885 aspirantes. Tal e como explicou o rexedor, entre hoxe xoves e mañá publicarase a lista de adxudicados na páxina web do Concello e “nun breve prazo” as familias poderán ocupar a súa vivenda. Os alugueres oscilan entre os 116 e os 166 euros ao mes dependendo das circunstancias económicas dos beneficiarios.

O Torneo Concello de Vigo, con marca de inscricións, “confirma que o pádel se abre camiño”, di o edil de Deportes O maior complexo de pádel de Vigo, Máis que Auga, en Barreiro, organiza dende este venres e ata o domingo 25 a primeira edición do Torneo Concello de Vigo deste deporte, practicado na cidade dende 1990 pero que a partir de 2010 adquiriu un enorme auxe.

IV Festival Eñe: más de 80 autores y 60 actividade​s

Cuarta edición: 15, 16 y 17 de noviembre

Eduardo Mendoza, Luis Goytisolo, Alberto Chimal, Héctor Abad Faciolince, Carme Riera, Lluís Llach, Elvira Lindo, Juan José Millás, Vicente Verdú, Rafael Moneo y Alberto Corazón, entre los más de 80 autores participantes en el Festival Eñe-

Copyright Julio César González

Un encuentro con el escritor Eduardo Mendoza inaugurará hoy el Festival a las 20h en el Instituto Cervantes Leer Más…

NELSON SANTOS Y ALEJANDRO LORENZO ENTREGAN UNA SUBVENCIÓN DE 5.000 EUROS AL CLUB UNIÓN DEPORTIVA ATIOS -Porriño

El presidente del equipo, Ramón Porto, recibió hoy esta nueva aportación económica  que la Deputación de Pontevedra otorga al deporte federado

Desde el Gobierno local aseguran destinar una partida importante del presupuesto al deporte porriñés, además de mediar en gestiones con entidades privadas para que colaboren a través de patrocinios

Valoración​s e dossier da IX Feira Ecolóxica Arzúa

 

Dá comezo a Feira Ecolóxica de Arzúa con máis solicitudes de participación que nunca a pesar da crise

Esta fin de semana celebrarase a IX edición da Feira Ecolóxica de Arzúa e farao co maior número de solicitudes de participación da súa historia. Ademais, o recoñecemento ao labor das e dos produtores locais e a responsabilidade de seguir afortalando o evento no almanaque galego e estatal da ecoloxía marcan unha edición que, por vez primeira, non conta co apoio da Deputación da Coruña.

Como unha “defensa a ultranza” da mesma, “para seguir apoiando as produtoras e produtores locais” e “a pesar de non contar” co financiamento da Deputación, será que se celebre a meirande feira ecolóxica de Galicia, segundo apuntou o alcalde de Arzúa, José Luís García, en conferencia de prensa esta mañá.

Decididos a apoiar o “sistema de traballo ecolóxico” das labregas e labregos da comarca arzuá, o valor da Feira como un centro neurálxico galego das últimas tendencias e novidades en produtos ecolóxicos e terapias alternativas. Así lanzan a novena edición desde o Concello de Arzúa.

Xa que logo, esta edición da Feira Ecolóxica de Arzúa converterase nun novo viveiro no que evidenciar un outro xeito de estar no mundo no que, ademais das máis de cincuenta expositoras e expositores, haberá teatro, música, conferencias, obradoiros e exposicións no Recinto Feiral Terra do Queixo durante o sábado e o domingo.

O mesmo día que abre o Centro Comercial As Cancelas

Pola súa banda e desde a entidade xestora da Feira, Culturactiva SCG, Manuel Vicente remarcou que a Feira “con máis solicitudes de stand que nunca” -a pesar da crise- se presentase o mesmo día que o Centro Comercial As Cancelas abría as súas portas. A este respecto, fixo fincapé no “valor seguro e estratéxico” da ecoloxía para o futuro e evindenciou que as propostas sostibles e respectuosas coa contorna cada vez están máis implantadas na sociedade.

Por último, o representante de Culturactiva tamén quixo remarcar o “valor engadido”que o consumo ecolóxico representa como unha alternativa “real e máis sostible” ás prácticas habituais de alimentación, vestido, calzado, transporte e outras que revirten nunha grande pegada negativa sobre a Terra que nos sustenta.

 

 

 

NCG trae Yerma a Vigo e Pontevedra

Novacaixagalicia presenta en Vigo e en Pontevedra a posta en escena dun dos clásicos do teatro do séculoxx, Yerma. A primeira das representacións terá lugar mañá, venres 16 de novembro, na cidade de Vigo, no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia ás 20:30 h. Pontevedra, pola súa banda, acollerá o sábado 17 de novembro, tamén ás 20:30 h a segunda das representacións no Centro Social Novacaixagalicia.

ACTIVADO O PLAN DE VIALIDADE INVERNAL PARA OS CASE 1.300 QUILÓMETRO​S AUTONÓMICO​S DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

  • As estradas da zona norte e sur da provincia de Pontevedra manterán as súas condicións de circulación grazas ao traballo de máis de 100 persoas
  • O plan para esta provincia do sur de Galicia prevé a operatividade de 34 máquinas e accesorios e 8 reservas de fundentes, que terán unha atención especial nos 114 quilómetros de estradas especialmente problemáticas
  • As medidas divídense en dous grandes grupos as destinadas a anticiparse aos posibles problemas e as que garanten a viabilidade e intentar incrementar a seguridade nas estradas
  • Este operativo disposto para manter os 5.5000 quilómetros de estradas da Xunta de Galicia nas condicións máis axeitadas de viabilidade conta cun investimento de 4 millóns de euros
  • Dende a Consellería de Medio Ambiente reitérase aos usuarios a necesidade de informase da situación das estradas e da climatoloxía antes de realizar calquera desplazamento Leer Más…

RAFAEL LOUZÁN: “MUCHAS DE LAS VIVENCIAS DEL LIBRO ‘CO SAL NAS MANS’ SIGUEN PLENAMENTE VIGENTES HOY ENTRE LOS MARINEROS Y SUS FAMILIAS”

   Paulino Ambrosio Costas agradece la colaboración de las decenas de pescadores “que han accedido a contar sus vidas para que todos conozcamos un poco mejor su oficio”
Vidal Villanueva: “Es una obra que está hecha con el alma de quien ha formado parte de la historia” Leer Más…

O Consorcio recuperou xa outras 18 vivendas de protección autonómica na zona alta do barrio histórico

  A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, supervisou esta mañá o fin da obra da rúa Hortas 10-12, que supuxo un investimento de 630.000 euros, para contar con 5 vivendas  de 1 e 2 dormitorios que xa esperan aos seus adxudicatarios.

  • As 5 vivendas visitadas en Hortas 10-12 forman parte da terceira fase das 18 VPA que o CCVV puxo no mercado durante este ano e que a día de hoxe xa están completamente recuperadas e que corresponden ás seguintes 3 promocións: Ferraría 11-13-17-19-San Sebastián 3-5-7 (9 pisos), San Sebastián 8-12-14 (4 pisos) e Hortas 10-12 (5 pisos).
  • A rehabilitación destes 3 inmobles que ven de rematar o CCVV, xunto á urbanización da nova praza interior do cuarteirón Castelo-San Sebastián, supuxo un investimento global superior aos 2,4 millóns de euros. Leer Más…

CIG comunicados y manifestaciones.

A CIG PIDE A DIMISIÓN DO CONSELLEIRO DE INDUSTRIA, JAVIER GUERRA, E DOS ALCALDES DO PP DA COMARCA DO SALNÉS.

A CIG esixe responsabilidades ao Conselleiro de Industria e aos Alcaldes do PP da Comarca do Salnés despois de coñecer a decisión do IGAPE de non adxudicar a ningunha empresa o proxecto empresarial de Alfageme. Unha vez máis a incompetencia da Xunta de Galicia do PP deixa morrer un proxecto empresarial viable e a 150 traballadoras/es na rúa por intereses partidistas. O colectivo de traballadoras/es celebrará unha asemblea hoxe ás 17.00h. para valorar esta resolución e tomar decisións ao respecto.

Vilagarcía de Arousa, 15 de novembro de 2012.

http://www.galizacig.com/avantar/novas/15-11-2012/delegadosas-sindicais-da-automocion-concentranse-no-grupo-antolin-de-vigo-en-defens

http://www.galizacig.com/avantar/novas/15-11-2012/concentracion-solidaria-en-pontevedra-coincidindo-co-xuizo-polo-despedimento-dun-de