ACTIVADO O PLAN DE VIALIDADE INVERNAL PARA OS CASE 1.300 QUILÓMETRO​S AUTONÓMICO​S DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

  • As estradas da zona norte e sur da provincia de Pontevedra manterán as súas condicións de circulación grazas ao traballo de máis de 100 persoas
  • O plan para esta provincia do sur de Galicia prevé a operatividade de 34 máquinas e accesorios e 8 reservas de fundentes, que terán unha atención especial nos 114 quilómetros de estradas especialmente problemáticas
  • As medidas divídense en dous grandes grupos as destinadas a anticiparse aos posibles problemas e as que garanten a viabilidade e intentar incrementar a seguridade nas estradas
  • Este operativo disposto para manter os 5.5000 quilómetros de estradas da Xunta de Galicia nas condicións máis axeitadas de viabilidade conta cun investimento de 4 millóns de euros
  • Dende a Consellería de Medio Ambiente reitérase aos usuarios a necesidade de informase da situación das estradas e da climatoloxía antes de realizar calquera desplazamento

Santiago, 15 de novembro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de activar o Plan de Vialidade Invernal para os case 1.300 quilómetros autonómicos da provincia de Pontevedra.

Grazas a este Plan de Vialidade Invernal 2012-2013 traballarase no mantemento dos quilómetros da rede de estradas de Galicia e, sobre todo, nos 114 quilómetros nos que se detectou unha problemática especial, posto que son treitos cun maior risco de neve.

O Plan de Viabilidade invernal permite actuar para mellorar as condicións de circulación ante os efectos adversos que a meteoroloxía xera no período invernal. As medidas e actuacións divídense en dous grandes grupos, aquelas que permiten anticiparse aos posibles problemas que poidan xurdir e as que garanten a vialibidade e intentar incrementar a seguridade nas estradas.

Durante este tempo, un cadro de persoal formado por máis de 100 membros (115 técnicos e operarios de estradas) coordinarán os traballos de prevención e as medidas necesarias para garantir e restablecer a seguridade dende 6 centros operativos, disporán de 10 reservas de fundentes e máis de 30 máquinas e accesorios para realizar as tarefas necesarias na zona norte e sur da provincia. A continuación detállase un resumo da maquinaria dispoñible:

      Camións Pick-up Retros Cuñas Follas Esparexedor

sal

Extendedora   salmoira
ZONA NORTE Servizo de   infraestruturas 1 1          
Empresa Conservadora Pontevedra 1   1   1 1 **
Lalín 2   1   2 2 **
Concesión

AG-41

1 1*** 1*** 1***   1  
ZONA SUR Servizo de   infraestruturas 1            
Empresa Conservadora Mondariz 2   1 1 1 2 **
Couso 1   1   1 1 **
Concesión

AG-57

1 1   1   1 **
TOTAL 10 3 5 3 5 8 0

En definitiva, trátase cumprir co obxecto de garantir mellorar as condicións de vialidade, que se poden ver dificultadas no inverno pola presenza de fortes choivas, a formación de placas de xeo, ou a aparición de neve. Cando aparece xeo ou neve nas estradas o principal problema para a condución é a perda de agarre dos vehículos, o que pode provocar deslizamentos, perdas de control, e, como última consecuencia, un accidente.

Conxunto da Comunidade

No conxunto da Comunidade Autónoma garantiranse as condicións de circulación en case en case 5.500 (5.454) quilómetros da rede autonómica de estradas. Este plan de actuacións estará operativo ata o 30 de abril de 2013.

O Plan de Viabilidade invernal permite actuar para mellorar as condicións de circulación ante os efectos adversos que a meteoroloxía xera no período invernal. As medidas e actuacións divídense en dous grandes grupos, aquelas que permiten anticiparse aos posibles problemas que poidan xurdir e as que garanten a vialibidade e intentar incrementar a seguridade nas estradas. Este operativo da Xunta de Galicia implica un investimento de 4 millóns de euros.

Da rede autonómica total, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten identificadas as vías máis susceptibles de ter problemas de neve. En total suman 965 quilómetros.

O plan de viabilidade implica a posta a disposición de diferentes medios en cada provincia, como os materiais (centros operativos, reservas de fundentes –sal ou salmoira- e maquinaria) e medios humanos.

A aplicación deste medios levarase a cabo a través dos axentes dos servizos de infraestruturas de cada provincia, contratos de conservación integral e das vías de alta capacidade.  Isto implica a posta en marcha de 25 centros operativos, 59 reservas fundentes, 166 maquinas e 436 persoas (técnicos e persoal de estradas).

En definitiva, trátase cumprir co obxecto de garantir mellorar as condicións de vialidade, que se poden ver dificultadas no inverno pola presenza de fortes choivas, a formación de placas de xeo, ou a aparición de neve. Cando aparece xeo ou neve nas estradas o principal problema para a condución é a perda de agarre dos vehículos, o que pode provocar deslizamentos, perdas de control, e, como última consecuencia, un accidente.

Información permanente

A Consellería de Medio Ambiente anima aos usuarios a informase da situación das estradas se van a realizar algún desplazamento. Polo que, aos usuarios se lle trasladan as incidencias detectadas a través dos paneis de información variable, que permiten avisar ao usuario das inclemencias, para que circule con precaución, e poda elixir o percorrido máis idóneo; por teléfono, de Emerxencias de Galicia (112) e da Dirección Xeral de Tráfico (DGT 900 123 505); internet, navegando a través das páxinas web da DGT para coñecer a situación do tráfico (www.dgt.es) e das condicións meteorolóxicas no portal de MeteoGalicia (www.meteogalicia.es) e da Axencia estatal de meteoroloxía (www.inm.es).

Grazas a este plan a Xunta terá un perfecto coñecemento dos problemas que podan xurdir en épocas de inclemencias meteorolóxicas, o que permitirá a toma de decisións máis axeitadas para cada situación a tempo, e conseguirá dar a solucións aos problemas e á eliminación de riscos nas estradas.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: