Concello de Vigo

O alcalde convoca un pleno extraordinario para buscar solucións para os desafiuzamentos na cidade Abel Caballero anunciou para o martes 20 de novembro un pleno extraordinario para debater sobre medidas que poñan freo aos desafiuzamentos na cidade. Confiou en que se aproben iniciativas que se sumen ás que xa tomou o Goberno municipal como a prestación de asistencia letrada aos afectados e a decisión de non establecer relacións con entidades financeiras que executen desafiuzamentos a familias con baixos recursos.

Caballero di que a Copa Asobal, televisada a 32 países, “pon a Vigo no núcleo central do deporte de elite” A Copa Asobal volve a Vigo dous anos máis tarde da última oportunidade que As Travesas recibiuna e logo de dous meses de arduas negociacións. O evento xogarase o venres 21 e o sábado 22 de decembro no Pavillón Central, que viviu este torneo en xaneiro de 1995 (quinta edición) e en decembro de 2010 (vixésimo primeiro trofeo).

O rexedor confía en manter en 2013 os 146.000 euros orzamentados para o Museo Liste Tras unha visita ás instalacións deste museo etnográfico por mor da súa reapertura, Abel Caballero recordou que os orzamentos deste ano adican 146.000 ao Museo, cifra que confía en manter nas contas de 2013. A xestión do Centro de Artesanía Tradicional (CAT) pasa a ser asumida pola Fundación Liste.

O Concello buscará unha ubicación para a nova Cidade Deportiva do Real Club Celta O alcalde, Abel Caballero, explicou hoxe xoves que os terreos que baralla a entidade deportiva, sitos en Bembrive, son de uso industrial e por tanto alí “non se pode realizar” o proxecto do club, por ser contrario ao Plan Xeral. Adiantou Caballero que “xa estamos traballando na procura dunha ubicación” alternativa.

O Concello adxudica 28 vivendas en réxime de aluguer social en Navia 28 familias viguesas accederán a unha vivenda de protección social en Navia, logo do sorteo público e ante notario que se fixo esta mañá no Auditorio Mar de Vigo entre 885 aspirantes. Tal e como explicou o rexedor, entre hoxe xoves e mañá publicarase a lista de adxudicados na páxina web do Concello e “nun breve prazo” as familias poderán ocupar a súa vivenda. Os alugueres oscilan entre os 116 e os 166 euros ao mes dependendo das circunstancias económicas dos beneficiarios.

O Torneo Concello de Vigo, con marca de inscricións, “confirma que o pádel se abre camiño”, di o edil de Deportes O maior complexo de pádel de Vigo, Máis que Auga, en Barreiro, organiza dende este venres e ata o domingo 25 a primeira edición do Torneo Concello de Vigo deste deporte, practicado na cidade dende 1990 pero que a partir de 2010 adquiriu un enorme auxe.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: