O Consorcio recuperou xa outras 18 vivendas de protección autonómica na zona alta do barrio histórico

  A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, supervisou esta mañá o fin da obra da rúa Hortas 10-12, que supuxo un investimento de 630.000 euros, para contar con 5 vivendas  de 1 e 2 dormitorios que xa esperan aos seus adxudicatarios.

  • As 5 vivendas visitadas en Hortas 10-12 forman parte da terceira fase das 18 VPA que o CCVV puxo no mercado durante este ano e que a día de hoxe xa están completamente recuperadas e que corresponden ás seguintes 3 promocións: Ferraría 11-13-17-19-San Sebastián 3-5-7 (9 pisos), San Sebastián 8-12-14 (4 pisos) e Hortas 10-12 (5 pisos).
  • A rehabilitación destes 3 inmobles que ven de rematar o CCVV, xunto á urbanización da nova praza interior do cuarteirón Castelo-San Sebastián, supuxo un investimento global superior aos 2,4 millóns de euros.
  • Bravo Bosch lembrou tamén a recente licitación publicada no DOG para as obras de rehabilitación das rúas San Sebastián 4-6 e Subida ao Castelo 5-7, das que sairán outras 10 novas VPA e dous locais comerciais, e que se espera adxudicar antes de que remate o ano.
  • O Consello de Administración do CCVV celebrado esta mañá aprobou o seu orzamento xeral para 2013, que ascende a máis de 543.000 euros e que se incrementará cos ingresos das operacións de compravenda dos pisos e aluguer dos locais comerciais.

Vigo, 15 de novembro de 2012.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, realizou hoxe unha visita ás 5 vivendas de protección autonómica (VPA) totalmente rematadas na rúa Hortas 10-12 e que xa esperan á chegada de novas familias, posto que xa conta con 4 reservas formalizadas e o proceso de adxudicación segue o seu curso.

Bravo Bosch, acompañada polo xerente do CCVV, Alfonso Ramos; os arquitectos da obra, Javier Vázquez e Gerardo Villanueva, e responsables da empresa adxudicataria –a UTE Aldasa-Antalsis- supervisou esta mañá o fin da obra e puido comprobar os materiais e calidades dos 5 pisos de Hortas 10-12. Destas 5 vivendas, unha é dun dormitorio e as outras 4 teñen dous dormitorios, con superficies que van dende os 66 aos 107 metros cadrados e prezos que oscilan entre os 118.000 e os 191.000 euros. Tiveron un investimento superior aos 630.000 euros. Co remate de Hortas 10-12 xa están finalizadas tamén as obras de rehabilitación correspondentes á terceira fase das VPA que o CCVV puxo no mercado durante este ano 2012. Dita terceira fase corresponde ás 3 promocións seguintes: Ferraría 11-13-17-19-San Sebastián 3-5-7 (9 pisos), San Sebastián 8-12-14 (4 pisos) e Hortas 10-12 (5 pisos). A rehabilitación destes 3 inmobles que ven de rematar o CCVV, xunto á urbanización da nova praza interior do cuarteirón Castelo-San Sebastián, supuxo un investimento global superior aos 2,4 millóns de euros.

Nas vindeiras datas sairá ao mercado unha cuarta fase co inicio do procedemento de adxudicación de vivendas correspondente á promoción de Ferraría 25-27-29-31 (6 pisos) que xa está en obras e pendente de rematar.

A presidenta do CCVV –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- aproveitou a visita para lembrar a recente licitación publicada no DOG relativa á contratación das obras de rehabilitación de San Sebastián 4-6 e Subida ao Castelo 5-7 que completará así o cuarteirón Castelo-San Sebastián. Tras esta actuación sairán ao mercado outras 10 VPA e dous locais comerciais. O prazo de presentación de ofertas para esta obra remata o 11 de decembro e, segundo os prazos estimados, Bravo Bosch indicou que estes catro edificios totalmente deteriorados a día de hoxe poderían estar completamente recuperados no ano 2014.

Acordos do Consello de Administración

O CCVV celebrou este xoves un Consello de Administración no que se aprobou o orzamento xeral do organismo para o exercicio de 2013 e que ascende a 543.210,67 euros ao que haberá que engadir os ingresos das VPA que siga a vender durante todo o ano, ademais dos ingresos dos alugueiros dos pisos de Ferraría-Subida ao Castelo e dos locais comerciais que xa están operativos e os que farán nos vindeiros meses. Tamén incrementará o orzamento os intereses devengados pola conta financeira que posúe o Consorcio. Tamén se deu o visto bo á Memoria da xestión do CCVV do ano 2011.

Por último, adxudicouse de forma directa e en réxime de aluguer o baixo comercial de Abeleira Menéndez 24-26 a Espazo Horta Urbana para a instalación dun Centro de artesanía e de produtos de cercanía continuando así coa campaña de locais comerciais iniciada polo organismo.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: