Valoración​s e dossier da IX Feira Ecolóxica Arzúa

 

Dá comezo a Feira Ecolóxica de Arzúa con máis solicitudes de participación que nunca a pesar da crise

Esta fin de semana celebrarase a IX edición da Feira Ecolóxica de Arzúa e farao co maior número de solicitudes de participación da súa historia. Ademais, o recoñecemento ao labor das e dos produtores locais e a responsabilidade de seguir afortalando o evento no almanaque galego e estatal da ecoloxía marcan unha edición que, por vez primeira, non conta co apoio da Deputación da Coruña.

Como unha “defensa a ultranza” da mesma, “para seguir apoiando as produtoras e produtores locais” e “a pesar de non contar” co financiamento da Deputación, será que se celebre a meirande feira ecolóxica de Galicia, segundo apuntou o alcalde de Arzúa, José Luís García, en conferencia de prensa esta mañá.

Decididos a apoiar o “sistema de traballo ecolóxico” das labregas e labregos da comarca arzuá, o valor da Feira como un centro neurálxico galego das últimas tendencias e novidades en produtos ecolóxicos e terapias alternativas. Así lanzan a novena edición desde o Concello de Arzúa.

Xa que logo, esta edición da Feira Ecolóxica de Arzúa converterase nun novo viveiro no que evidenciar un outro xeito de estar no mundo no que, ademais das máis de cincuenta expositoras e expositores, haberá teatro, música, conferencias, obradoiros e exposicións no Recinto Feiral Terra do Queixo durante o sábado e o domingo.

O mesmo día que abre o Centro Comercial As Cancelas

Pola súa banda e desde a entidade xestora da Feira, Culturactiva SCG, Manuel Vicente remarcou que a Feira “con máis solicitudes de stand que nunca” -a pesar da crise- se presentase o mesmo día que o Centro Comercial As Cancelas abría as súas portas. A este respecto, fixo fincapé no “valor seguro e estratéxico” da ecoloxía para o futuro e evindenciou que as propostas sostibles e respectuosas coa contorna cada vez están máis implantadas na sociedade.

Por último, o representante de Culturactiva tamén quixo remarcar o “valor engadido”que o consumo ecolóxico representa como unha alternativa “real e máis sostible” ás prácticas habituais de alimentación, vestido, calzado, transporte e outras que revirten nunha grande pegada negativa sobre a Terra que nos sustenta.

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja un comentario