TRABALLO CONVOCA PRETO DE 2.400 PRAZAS PARA O RECOÑECEME​NTO DAS COMPETENCI​AS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCI​A LABORAL

 

  • Destas preto de 2.400 prazas, convócanse 989 para atención sociosanitaria a persoas no domicilio e 502 para atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
  • Ademais convocaranse 200 prazas de confección e mantemento de artes e aparellos, 200 de servizos para o control de pragas, 200 de socorrismo en espazos acuáticos naturais, 200 de socorrismo en instalacións acuáticas e 100 de información xuvenil
  • As persoas que demostren a súa competencia nestas cualificacións acadarán o respectivo certificado de profesionalidade

Santiago, 16 de novembro de 2012.- A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación, publica hoxe no DOG unha nova convocatoria do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.

Con esta convocatoria, de preto de 2400 prazas, realízase un gran esforzo para dar resposta ás demandas que os diversos sectores produtivos están dirixindo a Administración autonómica. As persoas que demostren a súa competencia nestas cualificacións acadarán o respectivo certificado de profesionalidade.

A formación acreditable permitirá aos alumnos dispoñer dun certificado con carácter oficial e validez estatal, que, ao mesmo tempo, terá efectos académicos no eido do sistema educativo e profesionais recoñecidos na lexislación vixente.

É a cuarta convocatoria deste procedemento que fai esta Consellería, o que supón un importante avance de cara a acreditar dun xeito oficial a experiencia profesional que teñen moitos traballadores de Galicia.

Destas preto de 2.400 prazas, convócanse 989 para atención sociosanitaria a persoas no domicilio e 502 para atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, destinadas ás persoas que cumprindo os requisitos de acceso quedaron nas listas de espera na anterior convocatoria, publicada a través da Resolución do 23 de novembro de 2011. Estas listas aparecen publicadas na páxina web http://traballoebenestar.xunta.es.

As persoas que figuran nestas listas non teñen que presentar a solicitude nin ningunha outra documentación, soamente terán que aboar as taxas. Na mesma páxina web publicaranse as datas e lugares das reunións de asesoramento.

Ademais das cualificacións profesionais de atención sociosanitaria, convócanse prazas noutras cualificacións nas que por imperativo legal as persoas traballadoras destes sectores precisan dunha acreditación para poder continuar co exercicio da súa actividade.

Neste senso, convocaranse 200 prazas de confección e mantemento de artes e aparellos, 200 de servizos para o control de pragas, 200 de socorrismo en espazos acuáticos naturais, 200 de socorrismo en instalacións acuáticas e 100 de información xuvenil.

Os prazos para presentar as solicitudes de confección e mantemento de artes e aparellos e servizos para o control de pragas é de 30 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG. O prazo para presentar as solicitudes para socorrismo en espazos acuáticos naturais, socorrismo en instalacións acuáticas e información xuvenil será desde o 1 ao 31 de marzo de 2013.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: